Iuri Pavlovich Gidzenko, nado en Elanets (Oblast de Mikolaiv) o 26 de marzo de 1962, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TM-22, Soiuz TM-31, Soiuz TM-34, Soiuz TM-33 e STS-102, e ademais foi membro da Expedición 1 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Gidzenko graduouse na Escola Superior de Pilotos Militares en Khárkiv (Ucraína) en 1983 e na Universidade do Estado de Xeodesia e Cartografía en Moscova en 1994.

Adestrouse para ser cosmonauta entre decembro de 1987 e xuño de 1989. Participou nas misións Soiuz TM-22, Soiuz TM-31, Soiuz TM-34, Soiuz TM-33 e STS-102 e foi membro da Expedición 1 á ISS. Pasou un total de 329,95 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM-22 Soiuz TM-31 Soiuz TM-34 Soiuz TM-33 STS-102 Expedición 1

Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados na rexión de Mykolaiv