miniatura|221x221px|100 fils de Bahrain de 1965 miniatura|221x221px|500 fils de Xordania de 1952 O fils (en árabe: فلس) é unha moeda divisionaria da unidade monetaria principal utilizada por diversos países árabes."Fils". En Alfaro Asins, C. et al. (2009). Páxina 86."Fils". En Münzen Lexikon. Reppa.de
Denominación Fils é unha palabra singular en lingua árabe; a súa forma de plural é fulûs (فلوس) e significa tamén, xenericamente, "diñeiro", nalgunhas das variedades do árabe.
O termo é unha transcrición moderna de fals, unha moeda altomedieval dos califatos Omeias (661-750) e dos Abbásidas (750-1258), e procede, pola súa vez, da forma latina follis, que designaba unha moeda romana de cobre e tamén, posteriormente, unha moeda bizantina.Album, S. (2011). Páxina 7.
Países e equivalencias PaísUnidade principalISO 4217DivisiónDinar bahreiníBHD1.000 filsDinar iraquíIQD1.000 filsDinar kuwaitíKWD1.000 filsDirham dos EAUAED1.000 filsRial iemeníYER100 filsDinar xordanoJOD100 fils
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Album, S. (2011). Checklist of Islamic Coins. 3ª ed. ISBN 978-0-615-56244-5 Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
Categoría:Moedas de África Categoría:Moedas de Asia Categoría:Moedas divisionarias