Álvaro "Aldo" Pedro Duscher, nado en Esquel (Chubut) o 22 de marzo de 1979, é un exfutbolista arxentino nacionalizado austríaco. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección arxentina.

Traxectoria Empezou xogando na Arxentina, en Newell's Old Boys de Rosario entre 1995 e 1998. Durante eses anos tamén conseguiu 2 Suramericanos Sub-20 coa selección do seu país.

En 1998 foi contratado por dúas tempadas polo Sporting de Lisboa, onde conseguiu unha Superliga.

De cara a tempada 2000–01 foi contratado polo Deportivo da Coruña, club no que xogou 142 partidos de Liga e 34 partidos de Liga de Campións até a tempada 2006–07, gañando unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España. Neste tempo foi recordado polos seguidores do Manchester United pola súa patada e posterior lesión de David Beckham que case impide ao capitán inglés xogar o Mundial 2002.

Ao comezos da tempada 2007–08 quedou libre e foi contratado polo Racing de Santander por dúas tempadas, despois de numerosas ofertas no inverno, de entre outros o Manchester United e Olympique de Lyon, todas refugadas para acabar xogando no conxunto de El Sardinero.

Marca o seu primeiro gol en Primeira División na súa oitava tempada na mesma, o 9 de decembro de 2007, cunha vitoria do Racing sobre o RCD Mallorca (3–1)."Estreno de Duscher" Tras arduas negociacións, na tempada 2008–09 Duscher foi contratado, por tres tempadas, polo Sevilla FC."Duscher márchase ao Sevilla FC, onde xogará os tres próximos anos" Desde a tempada 2010–11 xoga no RCD Espanyol, tras rescindir o seu contrato co Sevilla.

O 27 de xullo de 2011 anunciouse a súa incorporación ao Barcelona Sporting Club de Guayaquil, en Ecuador.

Selección nacional Duscher fixo o seu debut internacional coa selección arxentina en 2005, chegando a xogar tres partidos.

Palmarés Sporting de Lisboa Primeira Liga: 1999–00

Deportivo Copa do Rei: 2001–02 Supercopa de España: 2000, 2002.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en national-football-teams.com

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados na provincia de Chubut Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Newell's Old Boys Categoría:Xogadores do Sporting Clube de Portugal Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Barcelona Sporting Club Categoría:Xogadores do Enosis Neon Paralimni FC Categoría:Xogadores do Veria FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina