O Gatopardo (en ) é un filme italiano de 1963 de xénero histórico épico dirixido por Luchino Visconti e baseado na novela homónima de Giuseppe Tomasi di Lampedusa.
O filme inclúe un elenco internacional que inclúe o estadounidense Burt Lancaster, o francés Alain Delon, e os italianos Claudia Cardinale (que foi dobrada na versión italiana por Solvejg D'Assunta porque as súas linguas maternas eran o siciliano e o francés) e Terence Hill (Mario Girotti).
Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 23 de abril de 1999.La Voz de Galicia, 23 de abril de 1999. Páxina 87
Argumento A longametraxe mostra a vida de Don Fabrizio, príncipe de Salina, e da súa familia, que se ve alterada ao ser Sicilia invadida polas tropas de Garibaldi. Como consecuencia disto, todos van refuxiarse á casa de campo que a familia ten en Donnafugatta.
Personaxes
Burt Lancaster como Don Fabrizio Corbera, Príncipe de Salina Claudia Cardinale como Angelica Sedara / Bertiana Alain Delon como Príncipe Tancredi Falconeri, sobriño de Don Fabrizio Paolo Stoppa como Don Calogero Sedara, alcalde de Donnafugata Rina Morelli como Princesa Maria Stella de Salina, esposa de Don Fabrizio Romolo Valli como Father Pirrone Terence Hill (acreditado como Mario Girotti) como Conde Cavriaghi Pierre Clémenti como Francesco Paolo Lucilla Morlacchi como Concetta Giuliano Gemma como Xeneral de Garibaldi Ida Galli como Carolina Ottavia Piccolo como Caterina Carlo Valenzano como Paolo Brook Fuller como Príncipe pequeno Anna Maria Bottini como Mademoiselle Dombreuil Olimpia Cavalli como Mariannina Rina De Liguoro como Princesa de Presicce Ivo Garrani como Colonel Pallavicino Leslie French como Cavalier Chevalley Serge Reggiani como Don Francisco "Ciccio" Tumeo Lou Castel como convidado Tina Lattanzi Marcella Rovena Maurizio Merli
Versións O Gatopardo circulou en polo menos catro versións diferentes. A primeira montaxe de Visconti duraba 205 minutos, mais pareceu excesiva para o director e para o produtor, e acurtouse a 195 minutos para a estrea en Cannes. Despois, Visconti cortou o filme a 185 minutos para a súa estrea oficial, e considerou esta versión como a súa preferida.
A versión dobrada ao inglés, en que os actores italianos e franceses foron dobrados (a voz que se oe de Burt Lancaster é o seu traballo orixinal), foi editada ata os 161 minutos pola distribuidora 20th Century Fox. Isto fíxose sen a participación de Visconti, que estaba descontento pola edición e pola dobraxe.Can the Leopard...? Davies, Brenda. Sight and Sound; Londres Vol. 33, Iss. 2, (Spring 1964): 99.
Visconti ameazou con demandar a Fox, que ameazou cunha contrademanda contra o director, indicando que Lancaster supervisara a montaxe estadounidense.Backers of Film May Site to Stop Director's Attack. Chicago Tribune 20 de decembro de 1963: b19.
"Non sinto que sexa o meu filme en absoluto", dixo Visconti da montaxe estadounidense.ARTFUL ODYSSEY OF AN ARISTOCRAT, Eugene Archer. The New York Times 18 de agosto de 1963: 107
Estrea O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes en maio de 1963. Gañou a Palma de Ouro ao mellor filme.The Leopard Is Winner of Cannes Film Award. Ress, Paul. Chicago Tribune 24 de maio de 1963: a4.
Recepción Público O filme foi o sexto máis popular do ano en Francia, con 3 688 024 entradas vendidas.Box office information for The Leopard at Box Office Story
Crítica No momento da súa estrea no verán de 1963, a maioría dos críticos estadounidenses reprobaron o filme. Segundo Newsweek, Lancaster parecía "como se estives interpretando a Clarence Day de Life with Father nunha xira de verán". Jonathan Miller de The New Yorker ridiculizou a Lancaster como "amordazado polos bigotes e claramente estupefacto pola importancia do seu papel". Porén, a revista Time eloxiou a caracterización como sólida e convincente.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos I figli del leopardo, de Sergio Corbucci, parodia do filme Ligazóns externas Remembrance of Things Past: The Leopard an essay by Michael Wood at the Criterion Collection
Categoría:Filmes de 1963 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Luchino Visconti Categoría:Filmes rodados en Italia Categoría:Filmes ambientados en Sicilia Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes de 1963 con versión en galego