Sidney McNeill Gutierrez, nado en Albuquerque (Novo México), o 27 de xuño de 1951, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-40 e STS-59.
Traxectoria Gutierrez graduouse en enxeñería aeronáutica pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1973 e é máster en xestión polo Colexio Webster en 1977.
Foi seleccionado pola NASA en maio de 1984, chegando a ser oficialmente astronauta en xuño de 1985 tras un ano de adestramento. Participou nas misións STS-40 e STS-59, pasando 20,34 días no espazo. Deixou a NASA en setembro de 1994.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-40 STS-59
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Albuquerque