Chelsea Winstanley é unha produta neozelandesa de ascendencia maorí nomeada ó premio Óscar. É coñecida por producir os filmes What We Do in the Shadows (2014) e Jojo Rabbit (2019), ámbolos dous dirixidos polo seu marido, Taika Waititi.
Traxectoria Winstanley ten ascendencia maorí das tribos Ngāti Ranginui e Ngai Te Rangi por parte da súa nai. Produciu curtametraxes como Meathead e Night Shift. En 2014, produciu What We Do in the Shadows con Taika Waititi e Jemaine Clement. Produciu o documental de Merata Mita sobre o abuso doméstico Saving Grace, Te Whakarauora Tangata, e tamén dirixiu algúns documentais.
No ano 2014, foi galardoada co Premio SPADA Screen Industry Awards Independent Producer of the Year, compartido co seu marido Taika Waititi.
En xuño de 2015 Winstanley foi nomeado muller neozelandesa Mana Wahine no Festival de Cinema Maorí de Wairoa.
Vida persoal Con 20, Winstanley tivo un fillo, Maia, que criou como nai solteira.
Casou co director neozelandés Taika Waititi, a quen xa coñecera con vinte anos cando o entrevistou para unha serie documental sobre artistas maorís. Volveron coñecerse na rodaxe do filme Boy, e casaron dous anos despois. En maio de 2012, Winstanley deu a luz á súa primeira filla, Te Kainga o Te Hinekāhu Waititi. En 2015, deu a luz á súa segunda filla, Matewa Kiritapu.
Notas
Categoría:Produtores de cinema de Nova Zelandia