miniatura|170px|Espiña e gloquidios dunha Opuntia sp.

Os gloquidios son espiñas foliares delgadas, xeralmente pouco visíbeis, que posúen ao seu longo numerosas barbas retrorsas, é dicir, dirixidas cara á base do órgano en que están inseridas, e son deciduas, que se encontran nas aréolas dos cactos opuntioideos (do xénero Opuntia e similares).

Características miniatura|100px|Esquema dun gloquidio Trátase de tricomas unicelulares con pequenas pugas apicais retrorsas, que penetran facilmente nun corpo alleo (por exemplo, un dedo humano), pero que sae del con dificultade a causa desas pugas.

Están constituídos por substacia periplasmódica.

Conviven coas típicas espiñas foliares das cactáceas na mesma planta, que son máis grandes e están inseridas máis firmemente á areóla e non teñen barbas.

Os gloquidios dos cactos despréndense facilmente da planta, e péganse á pel de quen os toca, causando irritación ao contacto cos penachos que cobren algunhas especies. Cada penacho pode conter centos deles.

Etimoloxía O termo é unha adaptación do latín científico glochidium, tirado da forma diminutiva do grego antigo γλωχίς glōchís "punta de frecha", "punta de tridente".

Outros gloquidios Tamén reciben o nome de gloquidios os apéndices aciculares semellantes aos tricomas anteditos, que se encontran en numerosas micrósporas dalgunhas salviniáceas e que facititan a unión das micrósporas, así como aos acúleos das costelas de certos froitos das umbelíferas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Tomo I. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7. Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Tomo 2. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-078-3. Simpson, M. (2010): Plant Systematics. Cambridge, Massachusetts: Elsevier Academic Press. ISBN 978-0-0809-2208-9, Cap. 9 "Plant morphology", p. 359. Strasburger, E. (1994): Tratado de botánica. 8ª edición. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-0979-0.

Outros artigos Aréola (botánica) Cactáceaa Opuntia

Categoría:Anatomía vexetal Categoría:Termos botánicos