Santiago é un álbum da banda irlandesa The Chieftains, publicado a través de RCA Records no ano 1996. Está dedicado á música tradicional de Galicia, e tamén á adaptación do folclore musical dos emigrantes galegos na música latinoamericana, por exemplo, na música de México e Cuba. Paddy Moloney definiu a Galicia no folleto do CD como "o país celta con máis por descubrir".
O álbum conta coas colaboracións entre outros de Carlos Núñez, Linda Ronstadt, Los Lobos, Ry Cooder, Eliot Fisk, Richard Egües, Pancho Amat e Kepa Junkera. En 1997, o álbum gañou o premio Grammy ao Mellor álbum de música do mundo.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de RCA Records Categoría:Álbums musicais de 1996 Categoría:Álbums de The Chieftains