A Costa é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar na comarca do Val Miñor. Segundo o INE en 2019 tiña 59 persoas empadroadas (29 homes e 30 mulleres). Esta pequena entidade de poboación sitúase a 4 km do centro da vila de Gondomar e a 120 metros de altitude sobre o nivel do mar.
Descrición A Costa é un pequeno conxunto de casas situado nun outeiro que continúa á ladeira norte do Monte da Bouza. Limita ao norte e noroeste con San Brais e ao nordés con Seidóns, ao sur cunha masa forestal compartida coa Ameixera e ao sur e suroeste con Santo André e O Barco.
Contorno natural O río Folón rodea polo oeste as terras e barrio da Costa, á altura do Monte da Bouza. Este pequeno leito fluvial permite o rego das hortas e terras de cultivo da zona. No seu paso deixa microtopónimos espallados na zona como O Charco da Gata, A Fonte da Parda, A Fonte da Ucha, A Fonte dos Vilariños, As Casas das Presas, segundo a recollida de toponimia feita polo Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello de Gondomar.
Polo oeste destaca outra masa forestal de piñeiros e eucaliptos co microtopónimo A Regueira.
Ao sueste atópase O Souto do Barco, unha antiga masa forestal de castiñeiros hoxe mesturada con piñeiros e eucaliptos de novas plantacións.
Patrimonio Casa A Fundación Esta casa señorial, probablemente do século XVII, atópase na Costa. Actualmente en ruínas, asentábase sobre un pequeno outeiro sobre o río Folón (Río Pequeno na cartografía oficial) nomeado na zona como Río das Bouzas e tamén como Río da Costa. A vivenda principal tiña dúas plantas e dependencias auxiliares típicas dunha casa labrega na súa contorna: curral, cuadra, bodega, lagar e almacén. Para as labores de explotación contaba con muíño fariñeiro e unha levada de augas para o regadío
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Mañufe
Parroquias de Gondomar
Categoría:Lugares de Gondomar Categoría:Mañufe, Gondomar