O Rally da Coruña de 1993 foi a 11ª ediciónEn 1981 xa se disputara a 11ª edición, e en 1990 disputouse a 18ª edición, pero por cuestións de dereitos sobre o uso do nome Rally da Coruña en 1991 reformulouse a numeración do mesmo. de dito rally. Foi a última proba da tempada 1993 do Campionato de España de Rallys e a penúltima da tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 19 e o 21 de novembro de 1993 e o vencedor foi o catalán Mia Bardolet, que con esta vitoria proclamouse campión de España.

Itinerario Constou de 153.05 km cronometrados en 17 treitos. Déronse tres pasadas polo treito Carral-Xalo e dous polos demais: Soandres, Rus, Meirama-Quembre, Doroña, Vilouzás, Aranga e A Espenuca.

Resumo Neste rally decidíase o campión de España, título ao que optaban o líder do campionato, Mia Bardolet, e o valenciano Luis Climent. Bardolet foi o máis rápido en 9 dos 13 primeiros treitos, logrando unha gran diferenza sobre Climent, segundo, quen, con todo, marcou o mellor tempo en tres treitos e empatou con Climent no oitavo treito. No 14º treito, a segunda pasada por Doroña, Climent saíuse da estrada, perdendo moito tempo, mentres que Bardolet volveu ser o máis rápido, deixando o campionato sentenciado. Dos tres treitos restantes, Climent marcou o mellor tempo en dous, mentres que no segundo paso por Aranga o máis veloz foi Sergio Vallejo, que rematou a proba en quinto lugar. Tras Bardolet subiron ao podio o asturiano Kiko Cima e o navarro Javier Azcona. Dos principais pilotos do campionato galego, só Arturo Rial acabou conseguir entre os primeiros postos, mentres que abandonaron Germán Castrillón, Manolo Senra e Miguel Dopico.

Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoTempo1 Josep Maria Bardolet Joaquín MuntadaOpel Astra GSI 16v1:53:012 Kiko Cima Jacinto MartínezRenault Clio Williams1:58:153 Javier Azcona Inma VittoriniRenault Clio 16v1:59:344 Miguel Martínez-Conde Amadeo AguirreRenault Clio 16v1:59:495 Sergio Vallejo Diego VallejoPeugeot 309 GTI1:59:546 Arturo Rial Juan Carlos AriasCitroën AX Sport1:59:547 Juan Carlos Táboas Luis Fernández GonzálezCitroën AX Sport2:01:238 Miguel Fuster Ángel CandelaRenault Clio 16v2:02:449 Alfonso Loza José Enrique SerranoRenault Clio 16v2:03:0910 Jaime Azcona Julius BillmaierPeugeot 106 XSI2:03:0911 Óscar OuteiriñoM. FernándezRenault 5 GT Turbo2:03:2412 Ricardo Vidal Juan Carlos SoutoPeugeot 309 GTI2:05:0313 Ramiro Muñiz Álvaro LouroRenault Clio 16v2:05:5414 Luis Climent José Antonio MuñozOpel Astra GSI 16v2:08:0815 Juan José López Vidal José Manuel AbadRenault 5 GT2:08:1916 GenitínJ. GarcíaRenault Clio 16v2:08:4317 Pedro Castañón Miguel Ángel VilasCitroën AX Sport2:08:4418 José Tojo Lens Rafael FerreñoPeugeot 205 Rallye2:10:2719 Alberto Tombo Manuel FerreiroRenault Clio 16v2:12:1920 Sergio García José Ramón AndrésPeugeot 205 Rallye2:12:38Abandonos- Oriol Gómez Marc MartíPeugeot 306 S16-- Luis Alberto GonzálezRenault Clio 16v-- Germán CastrillónFord Escort RS Cosworth-- Manuel SenraPeugeot 309 GTI-- Roberto BlachPeugeot 309 GTI-- Miguel DopicoFord Escort RS Cosworth-

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Clasificación final do rally en ewrc.com .

Categoría:Rally da Coruña Categoría:Tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally