O porto seco de Monforte de Lemos é unha plataforma loxística para a distribución de mercadorías situada no concello de Monforte de Lemos, na provincia de Lugo.

Situación e accesos Atópase ao nordés da vila de Monforte de Lemos, xunto á liña ferroviaria León-A Coruña, uns metros ao norte da estación de Monforte de Lemos.

Descrición Foi inaugurado o 28 de febreiro de 2014 polo presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo e o alcalde de Monforte Severino Rodríguez Díaz, despois de trece anos de obras e con seis de atraso sobre os prazos inicialmente previstos. Conta cunha superficie de 146.000 metros cadrados urbanizados nesta primeira fase.

Anos despois da súa inauguración aínda non se instalou ningunha empresa no porto seco.

Notas

Véxase tamén Outros artigos PLISAN

Categoría:Monforte de Lemos Categoría:Transporte en Galicia