Cáncer, tamén chamado Cangrexo ou Caranguexo (♋︎) é o cuarto signo astrolóxico do zodíaco e o segundo de natureza negativa e de calidade cardinal. Simboliza a familia e o seu símbolo representa un cangrexo, pertencendo xunto a Escorpión e a Pisces ó elemento auga. Está rexido pola Lúa. O seu signo oposto é Capricornio.
Considérase que alguén é de signo Cáncer cando nace entre o 23 de xuño e o 25 de xullo (Tropical), ou tamén do 22 de xuño ó 23 de xullo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Signos astrolóxicos occidentais