Mia Khalifa (en ), nada en Beirut o 10 de febreiro de 1993, é unha celebridade de Internet, comentarista deportiva, e modelo de cámara web libanesa-norteamericana. Foi actriz pornográfica de 2014 a 2015.

Traxectoria Mia naceu no seo dunha familia católica e estudou nunha escola privada francesa en Beirut, e alí aprendeu a falar inglés. En xaneiro de 2001 toda a súa familia trasladouse aos Estados Unidos, ao deixar o seu fogar tras a finalización do conflito do sur do Líbano (1985–2000), e aveciñouse no condado de Montgomery en Maryland. Estudou na Nortwest High School de Germantown e logo graduouse en historia pola Universidade de Texas en El Paso. Durante os seus anos universitarios traballou como camareira, fixo nalgunha ocasión de modelo e tamén apareceu como auxiliar nun concurso dunha televisión local. En decembro de 2013 instalouse en Miami e empezou a traballar como modelo para espidos.

Khalifa entrou na industria pornográfica cinematográfica en outubro de 2014, tras captala rúa un axente. Fíxose amplamente coñecida tras lanzar BangBros un vídeo en novembro de 2014 no que leva un hijab durante un trío, a popularidade chegoulle, así, de súpeto, mais tamén a crítica por parte de comentaristas e figuras relixiosas, e parte da poboación do Líbano e do Oriente Medio sentindo a súa actuación como unha aldraxe por intentar explotar a súa orixe. Con máis de millón e medio de visitas, Khalifa converteuse na máis buscada en Pornhub.

Despois de chegar ao número 1 de Pornhub recibiu ameazas de morte por Internet. Os xornais libaneses publicaron artigos críticos en Khalifa, que ela considerou artigos triviais por consideralo de pouca importancia comparado coa grave situación que vivía a rexión. Nunha entrevista a The Washington Post Khalifa afirmou que a controvertida escena fora satírica e así había que tomala e asegurou que os filmes de Hollywood retratan os musulmáns de forma ben máis negativa que calquera pornógrafo podería facer.

Segundo datos subministrados por Pornhub, entre o 3 e o 6 de xaneiro de 2015, as buscas de Khalifa multiplicáronse por cinco, e arredor dun cuarto desas procuras viñan do Líbano, e outra parte importante do veciños Siria e Xordania. Por toda a controversia relacionada co hijab, apareceu no número cinco da lista das 10 estrelas porno máis famosas do mundo realizado en xullo de 2016 pola revista Loaded.

En xaneiro de 2015 Khalifa asinou un contrato de permanencia con Bang Bros que a obrigaba a actuar en varios filmes cada mes. Non obstante, dúas semanas despois decidiu deixar a industria pornográfica. Así e todo, en xaneiro de 2017 xHamster anunciou que Khalifa fora a actriz porno máis buscada de 2016. e en 2018 tres anos despois de deixar a industria, aínda era a segunda persoa máis buscada de Pornhub. En agusto de 2019 revelou que só ingresara 12000 dólares polo seu traballo no porno e nunca recibira regalías de Pornhub ou de calquera outro sitio.

Despois de deixar o porno, Khalifa traballou en Miami como axudante de avogado e contadora antes de se converter nunha personalidade das redes sociais, mantén a súa propia canle en YouTube; emisións en directo en Twitch e efectúa traballos como modelo de cámara web. Con Gilbert Arenas presentou Out of Bounds, un programa diario de deportes na canle Complex News de YouTube entre outubro de 2017 e febreiro de 2018. Tamén foi a presentadora a canda Tyler Coe de SportsBall entre o 16 de xullo e o 30 de outubro de 2018 en RoosterTeeth.

Notas

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Beirut Categoría:Actores porno dos Estados Unidos de América Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Actrices de porno heterosexual