José Antonio Magriñá Rodeiro, nado en Cuba o 14 de decembro de 1917 e finado o 2 de agosto de 1988, foi un futbolista cubano, que xogaba de dianteiro.
Traxectoria
Clubs Desenvolveu a súa carreira futbolística no Deportivo Centro Gallego e máis tarde no Real Iberia.
Internacional Foi internacional coa selección cubana e participou no Mundial de 1938 en Francia. Alí Cuba empatou 3-3 contra a selección de Romanía no primeiro partido, cun gol olímpico de Magriñá no minuto 69. Uns días despois celebrouse un partido de desempate, onde os cubanos gañaron por 2 a 1. Nos cuartos de final caeron derrotados fronte á selección sueca por 8-0.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Cuba na Copa Mundial de Fútbol de 1938
Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cuba Categoría:Nados en Cuba Categoría:Xogadores do DC Gallego Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Xogadores do Iberia Categoría:Futbolistas de Cuba Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1938