A introdución do cristianismo en Inglaterra dáse por dúas frontes: a existencia previa do fenómeno monacal en Irlanda, e a chegada de Agostiño de Canterbury enviado polo papa Gregorio Magno co obxectivo de logra-la conversión dos pobos xermánicos, recentemente instalados nas Illas Británicas. As conversións dalgúns monarcas, xunto coa súa influencia respecto ó resto de reinos durante os séculos VI e VII, foron asentando o cristianismo, culminando o proceso coa unificación relixiosa mediante a creación da Igrexa de Inglaterra logo do sínodo de Whitby e o concilio de Hertford na segunda metade do século VII.

Contexto histórico-político thumb|Heptarquía anglosaxoa|alt= O século V nas Illas Británicas comeza coa retirada de Constantino das lexións romanas de Britania no 407, para trasladalas á Galia debido ó seu enfrontamento co emperador HonorioDonado Vara e Echevarría Arsuaga D.L. 2009, páx. 40.. A partir deste momento os bretóns quedaron sos fronte ás ameazas dos pictos de Escocia, escotos de Irlanda e, sobre todo, os pobos xermánicos dos anglos, xutos e saxóns, que desembarcaban nas costas orientaisVerger D.L. 1986, páx. 57.. O relato tradicional atribúe a chegada dos xermanos a unha chamada de axuda por parte dos britanosMaurois 1964, páx. 31., pero actualmente este feito non se toma como históricoMitre Fernández 1968, páx. 107..

O contexto político xurdido despois do repartimento de Britania entre os pobos xermánicos, e no que se producirá a introdución do cristianismo, é o que se coñece como a Heptarquía anglosaxoa. No referente ó século V, apenas temos fontes, e a tradición fala deste século como o momento do asentamento definitivo dos invasores e a desaparición da administración romana, ademais da resistencia do elemento indíxena bretón fronte ós incursoresClaramunt et al. DL 2014, cop. 2014, páx. 25.. Esta época coñécese co nome de Heptarquía, xa que foron sete os reinos principais que se formaron: Sussex, Essex e Wessex polos saxóns; Anglia do Leste, Mercia e Northumbria polos anglos; e Kent polos xutos. A figura distinguida dalgúns reis fixo que ocasionalmente algún adquirise unha supremacía temporal sobre os demais, polo que se lle recoñeceu o título de bretwaldaDonado Vara e Echevarría Arsuaga D.L. 2009, páx. 44..

Cara fins do século VII o espazo que constituiría a matriz da Inglaterra medieval estaba ocupado por este conglomerado de reinos. O máis setentrional –Northumbria- constituíu a fronteira fronte a Escocia e amosou unha receptividade máis rápida ós elementos culturais célticos. No centro da illa, Mercia era o reino máis extenso de todo o conxunto, cunha fronteira (o posteriormente denominado muro de Offa) establecida nos actuais límites do País de Gales. En todo o territorio dominado por anglos, xutos e saxóns chegouse a unha certa homoxeneidade cultural, na que unha lingua nova (o englisc) substituíu o latín e o gaélicoMitre Fernández 1995, páx. 84..

Proceso de cristianización

Precedentes Antes coa nos reinos anglosaxóns xa había nas Illas Británicas presenza do cristianismo, sobre todo en relación ó contexto irlandés no ámbito monacal, un fenómeno de grande importancia nos primeiros séculos altomedievais en Europa.

A orixe do fenómeno monástico dáse por primeira vez de xeito importante a inicios do século IV no ámbito Oriental, por parte de fieis que deciden levar unha vida de perfección e comunicación con Deus illándose da sociedade. Na súa orixe, había tres formas principais de monacato: a modalidade individual ou anacoreta; a laura; e a cenobítica, organizada en comunidadesGarcía de Cortázar e Ruiz de Aguirre 2012, páx. 107–108..

Entre os anos 335 e 382, circunstancias como a estancia do desterrado Anastasio de Alexandría en Tréveris e Roma, o exilio de Hilario de Poitiers en Asia Menor, ou, un pouco máis tarde, a instalación provisional de Xerome en Roma tras os anos de eremita en Siria foron so algunhas das canles a través das cales puideron chegar ó oeste as vivencias ascéticas dos monxes exipcios, sirios ou capadociosGarcía de Cortázar e Ruiz de Aguirre 2012, páx. 108..

Cando Agostiño se converteu en bispo de Hipona no 395 estableceu unha casa-mosteiro na que vivir co seu inmediato séquito episcopal e dende onde desempeña-las diversas tarefas pastorais administrativas do seu novo cargo. Pode que fose un dos primeiros bispos occidentais en facelo, pero estaba seguindo unha tradición arraigada en OrienteCollins 2000, páx. 303.

Dende fins do século IV é esta a forma na que se desenvolveron moitas institucións monásticas en Occidente: individuos ou familias adiñeiradas decidían converte-las súas casas en mosteiros nos que vivir con compañeiros escollidos, seguindo un modelo de vida ideado por eles mesmos, inspirados polo ideal de alcanza-la salvación persoal mediante a renuncia e unha vida disciplinada e regulamentada de oración, meditación e boas obras. A partir do século VI ou antes comezaron a aparecer en Occidente regras máis amplas. Entre as máis temperás está a anónima coñecida como A Regra do Mestre, escrita en torno ó ano 525, posiblemente nalgún punto nas proximidades de Roma. A Regra de Bieito, máis famosa, é lixeiramente posterior (en torno ó 540), e en parte está baseada na Regra do MestreCollins 2000, páx. 303–305..

O papa Gregorio I, o Grande, pertencía á tradición de fundadores de casas-mosteiro de carácter aristocrático, de onde obtivo o grupo de monxes que enviou ás ordes de Agostiño de Canterbury a evanxeliza-lo reino anglosaxón de Kent no 596Collins 2000, páx. 307..

Introdución do cristianismo e o fenómeno monacal en Irlanda Respecto da introdución do cristianismo en Irlanda e do particular desenvolvemento do monacato neste territorio, existen varias teorías ou explicacións. En primeiro lugar, o relato tradicional, como é o caso de Maurois, atribúe a cristianización a San Patricio, quen evanxelizaría as tribos celtas e fundado mosteiros en que máis tarde se terían refuxiado os sabios do continente para escapar, primeiro dos bárbaros e logo dos sarracenos. Nos países celtas (Irlanda, Escocia e Gales) teríase formado unha Igrexa nacional, distinta da Igrexa romana e que se esforzaba por parecerse á Igrexa primitiva. Segundo este, os monxes foran longo tempo solitarios que vivían en cabanas, e unicamente a necesidade de seguridade lles faría acepta-la reunión das súas cabanas nun cercado e a autoridade dun abade para todosMaurois 1964, páx. 41.. thumb|San Patricio, santo patrón de Irlanda Por outro lado, hai unha lixeira variación na interpretación de autores posteriores como Mitre. Este identifica igualmente a San Patricio como evanxelizador de Irlanda no ano 443. Non obstante, non o faría tanto en función da creación dunha rede episcopal como da sistemática monaquización da vida irlandesa. Ademais, os xefes dos clans convertidos terían desempeñado o papel de bispos e abades das súas respectivas comunidades, sendo a vida monástica irlandesa unha curiosa simbiose entre o eremitismo e o cenobitismo e a mística e a asceseMitre Fernández 1995, páx. 52..

Publicacións máis recentes cuestionan a tradición indíxena que atribúe un papel fundamental a San Patricio, sinalando a limitada calidade da información. Pese á falta de acordo á hora de situalo na primeira ou segunda metade do século V, actualmente semella máis probable finais de século. Este, segundo os seus propios escritos, fora raptado en Britania á idade de dezaseis anos e levado a Irlanda para ser vendido como escravo, pero conseguira escapar despois de seis anos. Non obstante, parece que despois dunha visión volvera a Irlanda, onde dedicara o resto da súa vida á actividade misioneira, chegando a converterse en bispoCollins 2000, páx. 309–310..

Outros autores recentes cuestionan a figura histórica de San Patricio, alegando que se trata en realidade dun personaxe en cuxa haxiografía se terían incluído probablemente feitos que, en realidade protagonizou Paladio. Isto débese a un documento que fala de que o papa Celestino I enviara no 431 a Paladio como primeiro bispo ós irlandeses que crían en Cristo, pode que polo temor do papado a que o pelaxianismo da illa de Britania se contaxiase á veciña Irlanda. Cabe a posibilidade de que non fose no 432, data da morte de Paladio, senón uns anos máis tarde cando Patricio, católico británico de familia acomodada, vivise os acontecementos antes relatados e fundase a sé primada da Armagh, que xunto con outras fundadas polos seus sucesores deran lugar a unha cristiandade céltica ou irlandesa cunha organización peculiar, diferente ás outras igrexas de OccidenteGarcía de Cortázar e Ruiz de Aguirre 2012, páx. 125–126..

Ese monacato, máis co das terras de Occidente, constituíu unha especie de adaptación rigorosa do modelo exipcio que Patricio coñeceu na Galia, cunha sociedade de amplos e sólidos grupos familiares. De feito, ás veces, cada mosteiro semellaba a célula relixiosa dunha comunidade de emparentados. Ademais do seu severo ascetismo, do que non se excluían proezas ascéticas de inspiración oriental, os seus riscos máis orixinais foron: o elevado número de monxes por mosteiro; o exercicio da xurisdición episcopal por parte dos abades, ós que se sometían incluso os bispos, ás veces, simples monxes; a existencia de prácticas litúrxicas propias en canto ó bautismo, a tonsura e o cómputo da pascuaGarcía de Cortázar e Ruiz de Aguirre 2012, páx. 126..

A conversión dos anglosaxóns A conversión dos anglosaxóns da illa de Britannia maior foi paralela en tempo á dos lombardos en Italia. Cando, a mediados do século V, os anglos, os xutos e os saxóns chegaron á illa, comportáronse como auténticos bárbaros, arrasando o territorio e eliminando ou arrinconando ós seus poboadores bretóns nas zonas norte e oeste. Durante cen anos, nin dende o continente nin dende as veciñas Igrexas célticas de Gales ou Irlanda, das que estaban saíndo algúns dos máis audaces misioneiros da época, houbo ningún intento por leva-lo cristianismo ós pagáns anglosaxónsGarcía de Cortázar e Ruiz de Aguirre 2012, páx. 133.. Unha das posibles razóns deste feito é que os monxes celtas, que levaran a cabo unha labor misioneira tan importante no continente ou Escocia, rexeitaron face-lo mesmo cos anglosaxóns por consideralos os seus inimigos, xa que expulsaran e oprimiran á poboación celta. Debido a isto, a cristianización destes xermanos tivo que levarse a cabo pola directa iniciativa pontificia, cos monxes enviados dende RomaCantera Montenegro e Cantera Montenegro 1996, páx. 27.. thumb|Agostiño de Canterbury, artífice das primeiras conversións anglosaxoas|alt= Tras a conquista bizantina de Italia en tempos de Xustiniano, a Igrexa de Italia, co Papa á cabeza, volveu sufrir dunha maneira directa a intromisión do emperador nos seus asuntos.Donado Vara e Echevarría Arsuaga D.L. 2009, páx. 76. Neste contexto, cara ao 575, xurdiu arredor do papa de Roma a intención de emprende-la evanxelización de Britania. De crer a Xan o Diácono, biógrafo de Gregorio Magno, este, xa antes de acada-lo pontificado, amosara a súa preocupación por enviar unha misión ós anglosaxóns, cuxa estrutura política dos sete reinos (a mencionada Heptarquía anglosaxoa) semellara acadar unha certa estabilidade e recoñecía a existencia dun bretwalda ou xefe supremoGarcía de Cortázar e Ruiz de Aguirre 2012, páx. 133..