Tututepec de Melchor Ocampo é un dos 570 concellos nos que está dividido o estado mexicano de Oaxaca e que se atopa na zona costeira do mesmo. A súa cabeceira municipal é Villa de Tututepec de Melchor Ocampo.

Xeografía O concello de Tututepec de Melchor Ocampo atópase na rexión Costa e no distrito de Juquila, na costa do estado. Ten unha extensión territorial de 1 219.727 quilómetros cadrados que equivalen ao 1,30% da extensión total do estado, sendo as súas coordenadas extremas 15° 55' - 16° 17' de latitude norte e 97° 10' - 97° 48' de lonxitude oeste e a súa altitude flutúa entre un máximo de 1 600 e un mínimo de 0 metros sobre o nivel do mar.

Limita polo oeste co concello de Santiago Jamiltepec, polo norte con Tataltepec de Valdés, polo nordeste con San Miguel Panixtlahuaca, Santa Catarina Juquila e Santos Reyes Nopala, e polo leste con San Pedro Mixtepec -Distrito 22-. Todo o sur do seu territorio está bañado polo océano Pacífico.

Demografía A poboación total do concello de acordo co Censo de Poboación e Vivenda realizado en 2020 polo Instituto Nacional de Estadística y Geografía, é de 50 541 habitantes, dos cales 24 533 son homes e 26 008 son mulleres.

A densidade de poboación ascende a un total de 40 persoas por quilómetro cadrado.

Localidades O concello está formado por 143 localidades, as principais e a súa poboación de acordo co censo de 2020 son:

Localidade Poboación Total concello 50 541 Río Grande o Piedra Parada 15 373 San José del Progreso 5 019 La Luz 2 784 Santa Rosa de Lima 2 621 Villa de Tututepec de Melchor Ocampo 1 894

Notas

Categoría:Concellos de Oaxaca