Wang-ui namja (en ) é un filme surcoreano de 2005 dirixido por Lee Joon-ik. Está protagonizado por Kam Woo-sung, Lee Joon-gi e Jung Jin-young. Foi adaptado da obra de teatro de 2000, Yi, sobre Yeonsangun de Joseon, un rei da dinastía Joseon, e o seu pallaso. Estreouse nos cinemas o 29 de decembro de 2005, sendo distribuído domesticamente por Cinema Service e internacionalmente por CJ Entertainment.

O filme foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 79ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Con máis de 12,3 millóns de entradas vendidas, foi o filme máis visto en Corea do Sur ese ano, así como o décimo oitavo filme surcoreano con maior recadación da historia.

Personaxes Kam Woo-sung como Jang-saeng Lee Joon-gi como Gong-gil Jung Jin-young como King Yeonsan Kang Sung-yeon como Jang Nok-su Jang Hang-seon como Cheo-sun Yoo Hae-jin como Yuk-gab Jeong Seok-yong como Chil-duk Lee Seung-hun como Pal-bok

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Corea do Sur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 79ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Lee Joon-ik Categoría:Filmes ambientados no século XV Categoría:Filmes ambientados en Seúl Categoría:Filmes de CJ Entertainment Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Corea do Sur Categoría:Filmes sobre políticos