Basavanna, nado en Basavana Bagewadi en 1105 e finado en Kudalasangama en 1167, foi un estadista, filósofo, poeta, santo lingayat do movemento bhakti e reformador social indio durante o reino do Kalyani Chalukya/dinastía Kalachuri. Basavanna estivo activo durante o dominio de ambas as dinastías, mais acadou o cumio da súa influencia durante o reinado de Bijjala II en Karnataka.Basava Encyclopædia Britannica (2012), Quote: "Basava, (flourished 12th century, South India), Hindu religious reformer, teacher, theologian, and administrator of the royal treasury of the Kalachuri-dynasty king Bijjala I (reigned 1156–67)."

Basavanna estendeu o coñecemento social mediante a poesía, coñecida popularmente como Vachanaas. Basavanna rexeitou a discriminación por xénero ou clase, as supersticións e os rituais,Carl Olson (2007), The Many Colors of Hinduism: A Thematic-historical Introduction, Rutgers University Press, , pages 239–240 mais introduciu o colar Ishtalinga, cunha imaxe de Shiva Liṅga,Fredrick Bunce (2010), Hindu deities, demi-gods, godlings, demons, and heroes, , páxina 983 para todas as persoas sen importar o seu nacemento, para que fose unha lembranza constante da devoción persoal bhakti a Shiva. Como ministro xefe do seu reino, creou novas institucións públicas como o Anubhava Mantapa (ou, o "salón da experiencia espiritual"),Jan Peter Schouten (1995), Revolution of the Mystics: On the Social Aspects of Vīraśaivism, Motilal Banarsidass, , page 4 que deu a benvida a varóns e mulleres de todas as orixes socioeconómicas para discutir abertamente cuestións espirituais e mundanas sobre a vida.SK Das (2005), A History of Indian Literature, 500–1399: From Courtly to the Popular, Sahitya Akademi, , páxina 163

As lendas tradicionais e os textos haxiográficos afirman que Basava era o fundador dos Lingayats. Porén, os estudos modernos sobre evidencias históricas como as inscricións Kalachuri afirman que Basava foi o filósofo poeta que reviviu, refiniu e deu enerxía a unha tradición xa existente.Edward Rice (1982), A History of Kannada Literature, Asian Educational Services, , páxinas 52–53 O Basavarajadevara Ragale (con 13 de 25 seccións dispoñibles) polo poeta kannará Harihara (c. 1180) é a primeira información sobre a vida do reformador social e está considerado importante porque o autor era case contemporáneo do seu protagonista.Shiva Prakash (1997), p. 179 Unha historia completa da vida e das ideas de Basava están narradas nun texto telugu sagrado do século XIII, o Basava Purana de Palkuriki Somanatha.Velchuri Rao e Gene Roghair (2014), Siva's Warriors: The Basava Purana of Palkuriki Somanatha, Princeton University Press, , páx. 1–14

As obras literarias de Basavanna inclúen o Vachana Sahitya en lingua kannará. Tamén é coñecido como Bhaktibhandari (literalmente, tesoureiro da devoción),Jan Peter Schouten (1995), Revolution of the Mystics: On the Social Aspects of Vīraśaivism, Motilal Banarsidass, , páxinas 2–3 Basavanna ou Basaveswara.

Recoñecemento O presidente da India Abdul Kalam inaugurou unha estatua o 28 de abril de 2003 no parlamento da India. O 14 de novembro de 2015 o primeiro ministro da India Narendra Modi inaugurou a estatua de Basaveshwara na beira do río Támese en Lambeth, Londres.Image of the Prime Minister paying homage to Basaveshwara statue in London The Hindu (14 de novembro de 2015) Basava Dharma Peetha construíu unha estatua de 33 m de altura de Basavanna en Basavakalyan.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Speaking of Siva, de A. K. Ramanujan. Penguin. 1973.

Ligazóns externas Understanding Basava: history, hagiography and a modern Kannada drama, Julia Leslie (1998), Bulletin of the School of Oriental and African Studies, Volume 61, Número 2, páxinas 228–261 "Linga" as Lord Supreme in the Vacancies of Basava, R Blake Michael (1982), Numen, Volume 29, Número 2, páxinas 202–219 Lingayats as a Sect, William McCormack (1963), The Journal of the Royal Anthropological Institute of Great Britain and Ireland, Vol. 93, No. 1, páxinas 59–71 Work as Worship in Vīraśaiva Tradition, R Blake Michael (1982), Journal of the American Academy of Religion, Vol. 50, No. 4, páxinas 605–619

Categoría:Nados en Karnataka Categoría:Nados en 1105 Categoría:Finados en 1167 Categoría:Santos do hinduísmo Categoría:Filósofos da India Categoría:Poetas Categoría:Escritores da India Categoría:Escritores en lingua kannará