Paulo Kellerman, nado en Leiría en 1974, é un escritor portugués.
Traxectoria Comezou o seu percorrido publicando as súas obras en edicións de autor limitadas. Editou un primeiro libro, de micro-narrativas, en 2001. Posteriormente, tense dedicado á explotación e experimentación das diversas formas de narrativa breve e conto, estando o seu traballo reunido en varias colectáneas.
Foi un dos responsábeis da saída e edición da revista literaria Cadernos do Alinhavar. O seu blog é A Gaveta do Paulo. Coorganizou, tamén, varios eventos culturais con escritores e iniciativas literarias de relevo.
Ten colabaorado en Jornal de Leiria, DNa, DN Jovem, Revista Rodapé, Revista Bruxinha e nos sitios Rua de Baixo, Diospiro Joyeux e Storm Magazine.
Revelando unha gran coherencia e solidez temática, a súa obra evidénciase pola forma cirúrxica e desapaixonada, crúa mais clarividente, como espella as banalidades e contradicións, perplexidades e frustraciónss, dúbidas e incomunicacións que caracterizan a existencia cotiá, forzando frecuentemente o lector a confrontarse consigo mesmo.
Obras
Livro de Estórias (1999). Edición de autor. Dicionário (2000). Edición de autor. Sete (2000). Edición de autor. Miniaturas (2001). Edições Colibri. 56 miniaturas de historias. Uma Pequena Nuvem Solitária perdida no Imenso Azul do Céu (2001). Edición de autor. Fascículo (2002 a 2005, 75 edicións). Edición de autor. Da Vida e da Morte (2005). Edición de autor. Gastar Palavras (2006). Deriva Editores. Contos. Os Mundos Separados que Partilhamos (2007). Deriva Editores. Silêncios entre Nós (2008). Deriva Editores. Contos Chega de Fado (2010). Deriva Editores. Novela. O Céu das Mães (2014). Paulinas Editora. Con Rute Reimão. Literatura infantil. Serviços Mínimos De Felicidade (2016). Arquivo. Novela.
Participación en exposicións literarias
Foto estórias (2000) As Palavras do Olhar (2002) Pedaços de Literatura (2005) Insignificâncias (2006).
Premios
2000: Premio Manuel Teixeira Gomes por Miniaturas. 2005: Grande Premio de Conto Camilo Castelo Branco, da Asociación Portuguesa de Escritores por Gastar palavras. 2006: Menção Honrosa do Prémio Nacional de Conto Manuel da Fonseca. Menção Especial do Júri com o Prémio Literário Manuel Teixeira Gomes. 2º Prémio Literário Afonso Lopes Vieira.
Notas
Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Nados en 1974 Categoría:Personalidades sen imaxes