Run é un filme franco-marfilés de 2014 dirixido por Philippe Lacôte. Estreouse na sección Un Certain Regard no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014. É o relato ficcionalizado da axitación postelectoral de 2011 en Costa do Marfil, que matou a 3000 persoas. Foi o primeiro filme dese país en ser escollido para o Festival de Cannes.
Foi escollido como candidato de Costa Rica para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Recibiu 12 nomeamentos nos Premios da Academia Africana de Cinema, mais non gañou ningún galardón.
Personaxes Abdoul Karim Konaté como Run Isaach de Bankolé como Assa Djinda Kane como Claire
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Costa do Marfil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Costa do Marfil Categoría:Filmes de Francia