Zhao Lusi (Chinese: 赵露思), nada en Chengdu o 9 de novembro de 1998, é un actriz chinesa.
Traxectoria Zhao entrou na industria do entretemento tras participar na edición de 2016 de Super Girl na canle Hunan TV e, xa nese ano, presentar o programa de variedades Huo Xing Qing Bao Ju.
En 2017, Zhao fixo a súa estrea como actriz cun papel secundario na serie web Meng Qi Shi Shen e un pequeno papel no filme Feng Ren Ji Yue Dui.
En 2018 a súa interpretación na serie histórica Feng Qiu Huang deuna a coñecer Nese ano interpretou o primeiro papel protagonista, na serie histórica de viaxes no tempo, O! Wo De Huang Di Bi Xia que logrou unha base de seareiros en Internet que aumentou o recoñecemento de Zhao e logrou o premio á mellor actriz nova Golden Bud.
En 2019, Zhao interpretou a protagonista feminina no filme romántico Lan Se Sheng Si Lian, baseado na serie surcoreana Gaeul Donghwa e nese ano tamén participou na serie muscial I Hear You, na serie fantástica Qing Nang Chuan e na serie de romance histórico Tian Lei Yi Bu Zhi Chun Hua Qiu Yue.
En 2020, Zhao participou na serie xianxiaXénero de fantasía con moita influencia da mitoloxía chinesa San Qian Ya Sha e na serie de romance histórico Chuan Wen Zhong De Chen Qian Qian.
Notas
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Chengdu Categoría:Actores da China