O Rally Cidade de Cristal de 1990 foi a 8ª edición de dito rally. Foi a sexta proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally e foi puntuable tamén para a Copa de España. Celebrouse na Coruña e arredores entre o 25 e o 26 de agosto de 1990 e o vencedor foi Germán Castrillón. Foi a última edición co nome "Rally Cidade de Cristal" pasando o ano seguinte a chamarse "Rally Cidade da Coruña". Tamén en 1990 celebrouse en Muros o 18º Rally da Coruña, (que nas seguintes edicións se chamaría "Rally Mil Vistas"), despois de que Senra Sport obtivese da Escudería Centollo os dereitos de organización de dito rally.
Resumo Germán Castrillón e Estrella Castrillón, a bordo do seu Ford Sierra RS Cosworth colocáronse primeiros dende o inicio, seguidos dos cataláns Francesc Ambudio e Antonio Sanchís cun Volkswagen Golf GTI 16v e dos canarios "Carlos" e Heriberto Rodríguez, que conducían un Mercedes-Benz 190E 2.3 16v. Estas tres posicións xa non se moveron en todo o rally. Con todo, no penúltimo treito programado, Carral-Xalo, o coche de Castrillón comezou a ter problemas no palier e Ambudio recuperoulle 36 segundos colocándose a só 6 do galego. Afortunadamente para el, suspendeuse o último treito, a terceira pasada por Soandres, polo que puido conseguir a súa segunda vitoria da tempada.
En cuarta posición quedou o Peugeot 205 GTI de Manuel Senra e José Maceiras, mentres que o lucense José Manuel López Parada chegou en quinto lugar. Con todo, despois da carreira os comisarios excluíron a este último por considerar non válidas algunhas pezas do seu vehículo, polo que a quinta praza final foi para o piloto pontés Lino Otero, mentres que "Peitos" quedou sexto.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoTempo1 Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Sierra RS Cosworth1:27:382 Francesc Ambudio Antonio SanchísVolkswagen Golf GTI 16va 6''3 "Carlos" Heriberto RodríguezMercedes-Benz 190E 2.3 16va 1'39''4 Manuel Senra José MaceirasPeugeot 205 GTIa 2'55''5 Lino Otero Humberto GonzálezRenault 5 GT Turboa 4'14''6 "Peitos" Francisco Javier SalgueiroCitroën AX Sporta 5'24''7 Miguel R. Fontao Cristóbal RasillaPeugeot 205 Rallyea 5'43''8 Javier Paz Manuel GarcíaCitroën AX Sporta 5'54''9 Fernando González Alberto GonzálezRenault 5 GT Turboa 6'41''10 Juan Carlos Táboas Manuel GilsanzCitroën AX Sporta 6'54''Abandonos- Arturo Rial Mario PazosCitroën AX Sport-- Kiko Cima José EguibarRenault 5 GT Turbo-- Javier Piñeiro-- Alberto González-
Notas
Categoría:Rally da Coruña Categoría:Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally