miniatura|240px|Mapa da antiga distribución de Leopardus tigrinus. En amarelo, distribución de L. guttatus. Leopardus guttulus é unha especie de mamífero carnívoro da suborde dos feliformes, familia dos félidos, subfamilia dos felinos, unha das nove (ou dez, segundo os autoes),Leopardus Gray, 1842 no ITIS. integradas no xénero Leopardus.

É unha especia propia do Brasil, a Arxentina e Paraguai.de Oliveira, T., Trigo, T., Tortato, M., Paviolo, A., Bianchi, R. & Leite-Pitman, M. R. P. (2016): Leopardus guttulus na Lista vermella da UICN. Versión 2020-1. Consultada o 5 de xuño de 2020. Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1872 polo paleontólogo e zoólogo alemán Reinhold Friedrich Hensel,Leopardus guttulus (Hensel, 1872) no ITIS. baixo o nome de Felis guttulus, cando Hensel describiu a especie nas xunglas do Río Grande do Sur, no sur do Brasil.

Parentesco Está intimamente relacionado co gato de Geoffroy, Leopardus geoffroyi, especie coa que presuntamente se hibrida no sur do Brasil.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido a especie coñceuse cos sinónimos: Felis guttulus HCategory:Leopardus guttulusensel, 1872. (protónimo) Felis tigrinus guttulus (Hensel, 1872) Leopardus tigrinus guttula (Trouessart, 1897) Leopardus tigrinus guttulus (Hensel, 1872). Margay tigrina guttula (Hensel, 1872) Oncifelis tigrinus guttulus (Hensel, 1872)

Nota taxonómica Leopardus guttulus durante moitos anos foi considrada como unha subespecie de Leopardus tigrinus, L. t. guttulus.Leopardus tigrinus guttulus (Hensel, 1872), no ITIS. En 2013 propúxose situar a poboación do sur do Brasil na nova especie L. guttulus, xa que se comprobou que non se cruzaba coa poboación de L. tigrinus no nordés deste país.

Características Leopardus guttulus é un pequeno gato neotropical que exhibe unha pelaxe amarelo-ocráceo estampado con rosetas negras abertas. Fisicamente pode distinguires de Leopardus tigrinus pola súa coloración de fondo lixeramente máis escura,o patrón das rosetas máis grande e a cola lixeiramente máis curta. Porén, é extremadamente difícil distinguir entre as dúas especies só pola súa aparencia, xa que tende a haber unha maior variación xenética dentro de cada especie que entre as dúas especies.Trigo, T. C.; Schneider, A.; de Oliveira, T. G.; Lehugeur, L. M.; Silveira, L.; Freitas, T. R. O. & Eizirik, E. (2013): "Molecular Data Reveal Complex Hybridization and a Cryptic Species of Neotropical Wild Cat". Current Biology 23: 2528–2533. PMID 24291091. Os adultos pesan entre 1,9 e 2,4 kg.Rinaldi, A. R.; Rodriguez, F. H.; de Carvalho, A. L. & de Camargo Passos, F. (2015): "Feeding of small Neotropical felids (Felidae: Carnivora) and trophic niche overlap in anthropized mosaic landscape of South Brazil". Biotemas '28 (4): 155−168.

Distribución e hábitat A especie encóntrase desde o centro até o sur do Brasil, nos estados de Minas Gerais e Goiás, no bosque atlántico, no leste de Paraguai e no nordeste da Arxentina, por debaixo dos 2 000 m.

Estímase que a súa poboación comprende aproximadamente 6 000 individuos maduros.

Nas marxes da súa área de distribución crúzase co L. geoffroyi, pero no parece cruzarse coa poboación de L tigrinus no nordeste do Brasil que, en contraste, ten unha historia de cruzamento con Leopardus colocolo. Debido ás diferenzas dos seus hábitats, a hibridación non ocorre entre L. tigrinus e L. guttulus. En contraste, a hibridación e introgresión ocorre entre L. guttulus e L. geoffroyi nas súas zonas de contacto no sur do Brasil. Crese que moisto espécimes de L. guttulus e L. geoffroyi son híbridos parciais, debido ao alto nivel de cruzamento que se está producindo.

Bioloxía Esta especie aliméntasee principalmente de pequenos mamíferos, paxaros terrestres e lagartos. As maioría das súas presas pesan pero termo medio menos de 100 g, pero tamén poden cazar presas de mayor tamaño, de até 1 kg.Facure-Giaretta, K. G. (2002): "Ecologia alimentar de duas espécies de felinos do gênero Leopardus em uma floresta secundária no sudeste do Brasil". Tese de doutoramento. Universidade Estadual de Campinas.

A miúdo vive no mesmo hábitat que o ocelote. En áreas cunha alta concentración de ocelotes, as poboacións de L. guttulus son máis pequenas, debido á competencia. Cando os ocelotes son escasos, as especies de gatos máis pequenos, como L. guttulus, teñen mellores oportunidades para obteren refuxios, alimentos e territorio, o que permite un maior tamaño das poboacións e densidades de L. guttulus. Este fenómeno chámase "efecto ocelote".

En 2015 rexistrárose dous xuvenís de L. guttulus por primeira vez no bosque atlántico, cando estaban aprendendo as habilidades para a caza. A nai xoga un papel importante na aprendizaxe dos seus cachorros para cazar e sobrevivir na natureza.

Ameazas Durante a época do auxe do comercio de peles, e especie foi amplamente explotada. Hoxe en día as súas maiores ameazas son a perda de hábitat e a deforestación, a caza por parte da poboación local, a mortes por accidentes nas estradas, as enfermidades transmitidas polos cans domésticos e o uso de veleno contra os roedores.

Estado de conservación Esta especie habita en numerosas zonas protexidas, pero probabelmente a baixas densidades nelas. Actualmente moitos investigadoes están estudando para comprender mellor a biodiversidade, a ecoloxía, a evolución e a xenética da especie para poder organizar unha estratexia de conservación máis efectiva para ela. Ademais, estanse a realizar máis investigacións para comprender mellor as diferenzas entre L. tigrinus e L. guttulus. A caza desta última está prohibida na Arxentina, Brasil e Paraguai.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins: toutes les espèces du monde. París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. ISBN 2-6030-1019-0. Marion, Rémy (dir.), Cécile Callou, Julie Delfour, Andy Jennings, Catherine Marion & Géraldine Véron (2005): Larousse des félins. París: Larousse ISBN 2-0356-0453-2. Nowak, R. M. (1991): Walker's Mammals of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3970-X. O'Brien, S. J. & Koepfli, K.-P. (2013): "Evolution: A new cat species emerges". Current Biology 23 (24): R1103-R1105. Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. 2 vols. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Félidos Felinos Leopardus Leopardus tigrinus

Ligazóns externas Southern Little Spotted Cat. Leopardus guttulus (Hensel 1872) na EOL.

Categoría:Mamíferos do Brasil Categoría:Mamíferos da Arxentina Categoría:Mamíferos de Paraguai Categoría:Animais descritos en 1872