O monte Logan é o monte máis alto do Canadá e o segundo máis alto de Norteamérica despois do Denali. O monte recibe o seu nome por Sir William Edmond Logan, xeólogo canadense, fundador do Geological Survey of Canada (GSC). O monte Logan está situado na Reserva do Parque Nacional Kluane no suroeste de Yukon, menos de 40 km ao norte da fronteira entre Yukon e Alasca. No monte sitúanse os glaciares Hubbard e Logan. Crese que o Logan é a montaña non volcánica de maior circunferencia da Terra.
Debido á actividade tectónica de levantamento, o monte Logan aínda continúa a aumentar a súa altura. Antes de 1992, a altura exacta do monte era descoñecida, e as medidas estaban entre 5959 e 6050 m. En maio de 1992, unha expedición da GSC subiu ao monte e fixou a altura en 5959 m empregando o GPS.
As temperaturas no monte Logan e as súas proximidades son extremadamente baixas, chegando a -45 °C no inverno e tendo unha temperatura mediana no verán de -27 °C. O 26 de maio de 1991 rexistrouse unha temperatura non oficial de -77,5 °C.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía [The climbing history up to 1939 of Mount Logan, Snowdon, Ben Nevis, Ushba, Everest, Nanga Parbat, Kanchenjunga, the Matterhorn, Aoraki / Mount Cook and Mont Blanc.]
Ligazóns externas Mount Logan on Peakware - photos Map showing location of Mount Logan in the Saint Elias Range 2009 Trip Report Mount Logan Canadian Titan - Virtual Museum of Canada
Categoría:Xeografía do Canadá Categoría:Montañas