Manuel Gusmão, nado en Évora o 11 de decembro de 1945 e finado en Lisboa o 9 de novembro de 2023, foi un poeta, ensaísta, tradutor e profesor universitario portugués.
Biografía Licenciouse en Filoloxía Románica pola Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, doutorándose coa tese sobre a Poética de Francis Ponge (1987).
Foi profesor na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, desenvolvendo o seu traballo nas áreas da Literatura Portuguesa, Literatura Francesa e Teoría da Literatura ata 2006. Foi membro da Asociación Internacional de Literatura Comparada e fundador da Asociación Portuguesa de Literatura Comparada.
Pertenceu ás redaccións das revistas O Tempo e o Modo e Letras e Artes e foi colaborador permanente do xornal Crítica, entre 1961 e 1971. Foi fundador das revistas Ariane (revue d’études littéraires françaises), que se publica desde 1982, e Dedalus, da Asociación Portuguesa de Literatura Comparada, desde 1991. Foi coordinador editorial da revista Vértice desde 1988.
Foi tradutor ao portugués de poemas de Francis Ponge. Ten recoñecida obra no dominio do ensaio, designadamente sobre Fernando Pessoa, Carlos de Oliveira, Nuno Bragança, Maria Velho da Costa, Luiza Neto Jorge e Gastão Cruz.
Foi deputado do Partido Comunista Portugués á Asemblea Constituínte.
Obras publicadas
Ensaio e Antoloxía
A Poesia de Carlos de Oliveira (1981). Seara Nova/Comunicação. O Poema Impossível: O “Fausto” de Pessoa (1986). Editorial Caminho. A Poesia de Alberto Caeiro (1986). Comunicação. Poemas de Ricardo Reis (1991). Comunicação. Finisterra - O Trabalho do Fim: reCitar a Origem (2009). Angelus Novus. Este libro trata de Finisterra. Paisagem e Povoamento (1978), novela terminal e maior de Carlos de Oliveira. Tatuagem & Palimpsesto. Da poesia de alguns poetas e poemas (2010). Assírio & Alvim. Uma Razão Dialógica. Ensaios Sobre Literatura, a Sua Experiência do Humano e a Sua Teoria (2011). Avante. Neo-Realismo. Uma poética do testemunho (2018). Avante.
Poesía
Dois Sois, A Rosa - A Arquitectura do Mundo (1990/2001). Caminho. Mapas: o Assombro e a Sombra (1996). Caminho. Teatros do Tempo (1994-2000) (2001). Caminho. Os Dias Levantados (2002). Caminho. (libreto para ópera de António Pinho Vargas) Migrações do Fogo (2004). Caminho. Mapas o Assombro a Sombra (2005) A Terceira Mão (2008). Caminho. Pequeno tratado das figuras (2013). Assírio & Alvim. Contra Todas as Evidências. Poemas reunidos I (2013). Avante. Contra Todas as Evidências. Poemas reunidos II (2014). Avante. Contra Todas as Evidências. Poemas reunidos III (2015). Avante. A Foz em Delta (2018). Avante.
Teatro
Da República e das Gentes (2011). Con Jorge Silva. Bicho do Mato.
Traducións
Calderón de la Barca (1973). A vida é Sonho, Editorial Estampa/ Seara Nova. Francis Ponge (1996). Alguns poemas. Cotovia.
Premios
1997: Premio PEN Clube Portugués de Poesía, por Mapas: o Assombro e a Sombra. 2001: Premio de Poesia Luís Miguel Nava, por Teatros do Tempo. 2001: Grande Premio de Poesia CTT - Correios de Portugal, por Teatros do Tempo. 2004: Premio D. Dinis, por Migrações do Fogo. 2005: Premio Vergílio Ferreira, polo conxunto da obra ensaística. 2009: Premio PEN Clube Portugués de Ensaio, por Finisterra - O Trabalho do Fim: reCitar a Origem. 2009: Premio DST de Literatura (2009). 2010: Grande Prémio de Ensaio “Eduardo Prado Coelho” C. M. de Vila Nova de Famalicão/APE, por Tatuagem & Palimpsesto. Da poesia de alguns poetas e poemas. 2014: Premio de Poesia António Gedeão, por Pequeno Tratado das Figuras. 2019: Medalla de Mérito Cultural portuguesa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Entrevista com Manuel Gusmão, 2016
Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Tradutores ao portugués Categoría:Tradutores de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa Categoría:Nados en Évora Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Escritores en lingua portuguesa