O TRIF ou TICAM1 é un adaptador que responde á activación de receptores de tipo Toll (TLRs). É un mediador nunha fervenza bastante atrasada de reaccións dun conxunto de dúas fervenzas de sinalización asociadas a TLRs, das que a outra é dependente dun adaptador MyD88.
Os receptores de tipo Toll (TLRs) recoñecen compoñentes específicos de invsaores microbianos e activan unha resposta inmune a eses patóxenos. Despois de que eses receptores recoñecen padróns patoxenicos altamente conservados, actívase unha fervenza de sinalización augas abaixo para estimular a liberación de citocinas inflamatorias e quimiocinas, así como regula á alza a expresión de células inmunes. Todos os TLRs teñen un dominio TIR que inicia a fervenza de sinalización por medio de adaptadores TIR. Os adaptadores son plataformas que organizan fervenzas de sinalización augas abaixo que orixinan unha resposta celular específica despois da exposición a un determinado patóxeno.
Nome TRIF son as siglas coas que se coñece tradicionalmente esta molécula, procedentes do inglés TIR-domain-containing adapter-inducing interferon-β, é dicir, interferón beta indutor do adaptador que contén un dominio TIR. Non obstante, actualmente o seu símbolo oficial é TICAM1, do inglés TIR-domain-containing adapter molecule 1 ou molécula adaptadora que contén un dominio TIR. O seu nome aprobado para o HGNC é molécula adaptadora do receptor de tipo Toll 1 (ver HUGO cadro de datos).
Estrutura
O TRIF está primeirmente activo no bazo e a miúdo está regulado cando MyD88 é deficiente no fígado, indicando unha regulación específica de órgano de vías de sinalización. Curiosamente, hai unha falta de redundancia na vía de sinalización de TLR4 que causa a evasión microbiana da resposta inmune no hóspede cando ocorren mutacións nos intermediarios da vía.Palsson-McDermott, Eva and Luke A J O’Neill (2004) Immunology. 113(2) 153-162 Tres motivos de unión a TRAF presentes na rexión amino terminal do TRIF son necesarios para a asociación con TRAF6. A destrución destes motivos reduce a activación de NF-κB, un factor de transcrición que é tamén activado polo dominio carboxilo terminal de TRIF na regulación á alza de citocinas e moléculas inmunes coestimuladoras. Este dominio recruta a proteína que interacciona co receptor (RIP1) e tamén con RIP3 por medio do motivo de interacción homotípico RIP. As células deficientes no xene RIP1 mostran unha activación atenuada feita por TLR3 de NF-κB, o que indica o uso do xene RIP1 na activación de TRIF augas abaixo, a diferenza doutros TLRs que usan proteínas IRAK para a activación de NF-κB.Kawai, Taro and Shizuo Akira. (2004). Arthritis Res. Ter. 7(1) 12-19
Áreas de investigación As investigacións sobre a función do TRIF son de grande importancia en varios campos de investigación biomédica. A patoxénese de enfermidades infecciosas, shock séptico, crecemento de tumores e artrite reumatoide teñen estreitos vínculos coas vías de sinalización de TLR, especificamente coa de TRIF. Comprender mellor a vía de TRIF será útil terapeuticamente no desenvolvemento de vacinas e tratamentos que poden controlar a inflamación asociada e as respostas antivirais. Os experimentos con ratos de tipo silvestre e deficientes en TRIF son cruciais para entender as respostas coordinadas das vías dos TLRs. Cómpre estudar os efectos coordinados destas vías para comprendermos as complexas respostas iniciadas por TRIF.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Toll-like receptor signaling pathway - Reference pathway (KO) da páxina web de KEGG.
Categoría:Sistema inmunitario