miniatura|240px|Dúas moscas brancas da especie Trialeurodes vaporariorum (Aleyrodoidea). miniatura|240px|Dactylopius coccus criados en cladodios ou pencas de chumbeira en Barlovento, La Palma, Canarias. (Coccoidea). miniatura|240px|Pachysylla sp. un Psylloidea. miniatura|240px|Aphis glycines (Aphidoidea).

A dos esternorrincos (Sternorrhyncha) é unha suborde de insectos hemípteros.Sternorrhyncha no ITIS.

Comprende os pulgóns, as moscas brancas e as cochinillas, grupos que tradicionalmente se incluían na suborde dos homópteros, hoxe obsoleto.

Taxonomía Descrición A suborde foi descrita en 1806 polo zoólogo francés André Marie Constant Duméril.

Etimoloxía O nome científico Sternorrhyncha está formado polos elementos do latín científico sterno-, e -rhyncha, derivados das voces do grego antigo στέρνον stérnon, "esterno", e ῥύγχος rhýnchos, "fociño", "rostro", respectivamente.

Superfamilias A suborde comprende as cinco superfamilias seguintes: Aleyrodoidea (ou Phylloxeroidea, segundo certas clasificacións)Phylloxeroidea na EOL. Aphidoidea Coccoidea Phylloxeroidea Psylloidea

Porén, algúns autores recoñecen seis:Sternorrhyncha en BioLib. Coccoidea Psylloidea Aphidoidea Aleyrodoidea Phylloxeroidea Adelgoidea

Características Distribuídos por todo o mundo, os membros deste grupo aliméntanse de plantas, e moitos deles son son graves pragas para os cultivos.

Moitas especies modificaron a súa morfoloxía e os seus ciclos de vida, incluíndo fenómenos como a partenoxénese, o dimorfismo sexual, e incluso a eusocialidade.

Filoxenia A filoxenia dos esternorrincos, baseada na análise da subunidade 18S do ARN ribosómico, está indicada no cladograma seguinte.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Hemípteros

Ligazóns externas Bugguide.net. Suborder Sternorrhyncha - Plant-parasitic Hemipterans