A escala cromática en música é unha escala que contén doce notas separadas a distancia dun semitón. Como resultado, no temperamento igual de 12 notas (o temperamento máis común na música occidental), a escala cromática cobre todas as alturas dispoñibles. Todas as outras escalas da música occidental tradicional son subconxuntos desta escala.
Nun piano actual ou noutro instrumento afinado en temperamento igual, todos os semitóns son do mesmo tamaño (100 cents): as notas dunha escala cromática en temperamento igual encóntranse a distancias exactamente iguais as unhas das outras. Unha escala cromática en temperamento igual é unha escala non diatónica que carece de tónica debido á simetría das súas notas equidistantes.
A concepción máis común da escala cromática antes do século XIII era a escala cromática pitagórica. Debido a unha técnica de afinación diferente, os doce semitóns nesta escala presentan dous tamaños lixeiramente diferentes. En consecuencia, a escala non é perfectamente simétrica. Moitos outros sistemas de afinación desenvolvidos nos séculos seguintes, comparten unha asimetría similar. As alturas equidistantes unicamente son proporcionadas polos sistemas de afinación do temperamento igual, que son amplamente empregados na música contemporánea.
miniatura|450px|Escala cromática de dó.
|centro Etimoloxía O termo "cromático" (do latín chromatĭcus e este do grego χρωματικός [kromatikós])A palabra "cromático" vén do latín chromatĭcus, e este do grego χρωματικός ; pola súa banda "cromatismo" vén do grego χρωματισμός, de χρωματίζειν, colorar deriva da palabra grega chroma, que significa ‘cor’.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Específica
Xeral
Categoría:Escalas musicais