miniatura O macizo Vinson é un gran macizo montañoso da Antártida, de 21 km de longo e 13 km de largo. Está situado a uns 1200 km do polo Sur. Foi descuberto en xaneiro de 1958 por unha nave da mariña estadounidense. En 1961, o Advisory Committee on Antarctic Names (US-ACAN) deulle o seu nome en honra de Carl G. Vinson, congresista estadounidense polo estado de Xeorxia, polo seu apoio á exploración antártica. O 1 de novembro de 2006, a US-ACAN declarou que o monte Vinson e o macizo Vinson eran entidades separadas.Stewart, J. (2011) Antarctic An Encyclopedia McFarland & Company Inc, Nova York. 1776 pp. .

O monte Vinson é o pico máis alto da Antártida, con 4892 m. Está localizado na parte setentrional da planicie do macizo Vinson. Foi escalado por primeira vez en 1966 por un equipo estaodunidense liderado por Nicholas Clinch. Unha expedición de 2001 foi a primeira en escalalo pola ruta leste e tomou medidas por GPS da altura do cumio.

Xeografía O macizo Vinson esténdese entre Goodge Col e glaciar Branscomb ao noroeste, o glaciar Nimitz e o glaciar Gildea ao sueste e ao sur, e o glaciar Dater e o seu tributario o glaciar Hinkley ao leste. A parte suroriental do macizo acaba en Hammer Col, que o une ao macizo Craddock, do que o punto máis alto é o monte Rutford (4477 m). O macizo comprende a alta parte cenral do Vinson Plateau con varios picos que acadan os 4700 metros e varias cristas laterais sobre todo cara ao suroeste e ao nordés.

A altura de 4892 metros do monte Vinson foi medida mediante GPS nun estudo dirixido por un equipo da Omega Foundation en 2004 no que participaron o australiano Damien Gildea e os chilenos Rodrigo Fica e Camilo Rada. Dende 1998 ata 2007, a fundación colocou receptrores de GPS durante períodos axeitados para recibir lecturas precisas dos satélites.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas The Vinson Massif. Explorers Dream

Categoría:Xeografía da Antártida