António Franco Alexandre, nado en Viseu o 17 de xuño de 1944, é un matemático, filósofo e poeta portugués. Está considerado como un dos principais poetas das Letras portuguesas da segunda metade do século XX.

Traxectoria Naceu en Viseu. Viviu na Francia, de 1962 a 1969, na cidade de Tolosa, onde estudou Matemáticas. Viaxou para os Estados Unidos, onde continuou a estudar. En 1971, mudouse para a cidade de París. Só despois da Revolución dos Cravos retornou a Portugal.

B.Sc. en Matemáticas pola Universidade de Harvard e doutor en Filosofía pola Universidade de Lisboa, desde 1975 foi profesor de Filosofía na respectiva Facultade de Letras.

A súa poesía ten conquistado cada vez maior recoñecemento crítico.

Obras

Poesía

Distância, (1969). Ed. do autor. Sem Palavras nem Coisas (1974). Lisboa: Iniciativas Editoriais. Cartucho (1976). Colectivo. Ed. dos autores. Os Objectos Principais (1979). Coimbra: Centelha. Visitação (1983). Porto: Gota de Água. A pequena face (1983). Lisboa: Assírio & Alvim. As Moradas 1 & 2 (1987). Lisboa: Assírio & Alvim. Oásis (1992). Lisboa: Assírio & Alvim. Poemas (1996). Lisboa: Assírio & Alvim (libro de poesía reunida, excepto Distância, máis inéditos). Quatro Caprichos (1999). Lisboa: Assírio & Alvim. Uma fábula (2001). Lisboa: Assírio & Alvim. Duende (2002). Lisboa: Assírio & Alvim. Aracne (2004). Lisboa: Assírio & Alvim.

Outras publicacións

Enciclopédia e Hipertexto, (2006). Con Olga Pombo e António Guerreiro. Lisboa: Edicións Duarte Reis.

Premios

2000: Grande Prémio de Poesia da Associação Portuguesa de Escritores (Premio Luís Miguel Nava), por Quatro Caprichos. 2003: Premio Dom Dinis de poesía, por Duende. 2005: Premio Correntes d'Escrita, por Duende.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Nados en 1944 Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa