Under sandet é un filme dinamarqués-alemán de 2015 dirixido por Martin Zandvliet. Foi elixido para a súa estrea na sección Plataforma do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015. Foi escollido como candidato de Dinamarca, e finalmente nomeado, para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios.
O filme está inspirado en feitos reais e conta a historia de prisioneiros de guerra alemáns enviados a limpar campos de minas en Dinamarca despois do remate da segunda guerra mundial.
Sinopse O sarxento do exército dinamarqués Carl Leopold Rasmussen é encargado de dirixir un pelotón de prisioneiros do exército alemán en maio de 1945, despois da liberación de Dinamarca na segunda guerra mundial. A súa misión é limpar de minas terrestres unha praia do oeste de Dinamarca. Rasmussen odia profundamente os alemáns, aos que considera inimigos que invadiron a súa patria, e manifesta ese odio con agresións e vexacións aos prisioneiros cada vez que pode. A Rasmussen asígnanlle un grupo de catorce soldados cunha media de vinte anos. Ao velos, non se acovarda ante a realidade de seren adolescentes.
Personaxes
Roland Møller como Sarxento Carl Leopold Rasmussen Mikkel Boe Følsgaard como Capitán Ebbe Jensen Laura Bro como Karin Louis Hofmann como Sebastian Schumann Joel Basman como Helmut Morbach Oskar Bökelmann como Ludwig Haffke Emil Belton como Ernst Lessner Oskar Belton como Werner Lessner Leon Seidel como Wilhelm LeBern Karl Alexander Seider como Manfred Maximilian Beck como August Kluger August Carter como Rodolf Selke Tim Bülow como Hermann Marklein Alexander Rasch como Friedrich Schnurr Julius Kochinke como Johann Wolff Zoe Zandvliet como Elizabeth
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 89ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Filmes sobre xemelgos Categoría:Filmes sobre a morte Categoría:Filmes ambientados en Dinamarca Categoría:Filmes ambientados en 1945