miniatura|250px|L'hôtel de ville (Casa do concello). Ganges (en occitano Gange) é unha vila e comuna francesa situada no departamento de Hérault, na rexión de Occitania.

Xeografía Situado a unha altitude entre os 138 e os 540 msnm, o concello ocupa unha superficie de 7,16 km2.

No ano 2017 contaba cunha poboación de 4 024 habitantes (que medrou un 1,13 % con relación a do ano 2012). Polo tanto, no ano citado a súa densidade de poboación era de 562 hab./km2.

Está situada a 45 km ao norte de Montpellier (a capital do departamento), a 60 km ao noroeste de Nîmes, a 50 km ao suroeste de Alès, e a 108 km ao oeste de Avignon.

Historia A vila de Ganges é moi antiga, xa que se menciona na época galo-romana co nome de Aganticum.

Un forno de cal nas aforas de Ganges cítase nun contrato de asociación para a súa explotación en 1575.Exploitation d'un four à chaux (1575) , Livre des sources médiévales. Archives Départementales de l'Hérault, série II E 35/33, minutes de Maître François Martial, folio 146 verso. Acta datada o 3 de maio de 1575.

Durante a Revolución Francesa, os cidadáns do pobo reuníronse nunha sociedade revolucionaria, denominada Société populaire républicaine, no ano II.Jean-François Dubost (1989): "Le réseau des Sociétés Politiques dans le département de l'Hérault pendant la Révolution Française (1789-1795)". Annales historiques de la Révolution française, nº 278, p. 413.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Site officiel de la ville de Ganges Ganges sur le site de l'Office de tourisme Cévennes Méditerranée Ganges site officiel de Ganges 1900 Ganges sur le site de l'Institut géographique national Ganges en Géoportail.

Categoría:Hérault