Ben Folds Five foi un trío estadounidense de rock alternativo formado no ano 1993 en Chapel Hill, Carolina do Norte. Os seus membros eran Ben Folds (voces principais, piano, teclados, melódica, principal compositor), Robert Sledge (baixo, contrabaixo, sintetizadores, coros), e Darren Jessee (batería, percusión, coros, compositor). O grupo chegou á fama nas escenas alternativa, indie e pop. O seu sinxelo "Brick", do seu álbum de 1997 Whatever and Ever Amen, apareceu en moitas emisoras de radio comerciais. Durante os seus primeiros sete anos a banda publicou tres álbums de estudio, un álbum de caras b e descartes, e oito sinxelos. O grupo tamén contribuíu con temas a varias bandas sonoras e recompilatorios. Ben Folds Five separouse en outubro do ano 2000. A banda reuniuse en 2011 e publicou o seu cuarto álbum, The Sound of the Life of the Mind, en 2012.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloBen Folds Five1995Passenger/CarolineWhatever and Ever Amen1997550The Unauthorized Biography of Reinhold Messner1999550The Sound of the Life of the Mind2012ImaVeePee

Categoría:Grupos musicais de Carolina do Norte Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de power pop Categoría:Grupos musicais formados en 1993