230px|miniatura|Os estudos a nivel anatómico normalmente implican diseccionar o órgano idealmente cun micrótomo, tinguir as seccións e montalas en portaobxectos para poder visualizalas nun microscopio óptico.
A anatomía vexetal é a parte da botánica que estuda a estrutura interna dos organismos vexetais, tanto dos tecidos como a estrutura celular dos órganos das plantas.
Partes que comprende 230px|miniatura|Detalle dun cloroplasto onde se observa a grana e os tilacoides que a forman visto baixo un microscopio electrónico de transmisión (MET). Os caracteres que se observan co microscopio electrónico de transmisión son frecuentemente referidos como "caracteres ultraestruturais". 230px|miniatura|Células da epiderme e tricomas vistos baixo un microscopio electrónico de varrido (MEV). Os caracteres que se observan co microscopio electrónico de varrido son moitas veces chamados "caracteres micromorfolóxicos".
De reducirse a examinar detalladamente cada unha das partes ou órganos adultos do vexetal, considerando a súa posición respectiva, estariamos a falar da anatomía descritiva. O estudo da constitución dos divrsos tecidos que integrados na planta denomínase, loxicamente histoloxía vexetal. Se non se para no estudo dos tecidos, senón que se investiga a célula até o máis íntimo da mesma, chegando até orgánulos que a constitúen, estariamos no campo da citoloxía.Por outra parte, cando o estudo a anatomía vexatal non se limita aos órganos adultos, senón que vai seguindo o seu desenvolvemento, desde que comezan a formarse, e a través de todas as súas fases até chegar ao seu máximo grao, a anatomía cualifícase de ontoxénica.Outras veces establécense comparacións entre uns ou outros órganos de distintas plantas, co obxecto de descubrir as analoxías e as homoloxías que poidan presentarse entre eles: neste caso trátase da anatomía comparada. Pero se as comparacións establécense tendo en conta os antepasados dos organismos, daquela a anatomía recibe o apelido de filoxenética.A anatomía fisiolóxica estuda a estrutura das partes e órganos vexetais tendo en conta a función que desempeñan.A mecanoxenética estuda as causas fisicoquímicas de determinadas estruturas.Finalmente, a anatomía patolóxica examina a estrutura dos órganos deformados por causa de calquera clase de enfermidades.
Procedementos de estudo O termo anatomía, aplicado ás plantas, xeralmente trata con estruturas que son observadas por un microscopio óptico con boa resolución, ou cos microscopios electrónicos de transmisión ou de varrido; os caracteres tomados baixo os dous últimos moitas veces refírense como "caracteres ultraestruturais" e "caracteres micromorfolóxicos" respectivamente;
Exclúense os caracteres celulares dos órganos reprodutivos, que se sitúan nos campos da embrioloxía das plantas e a palinoloxía.
Diferenza coa anatomía animal Esta definición de anatomía difire da utilizada en zooloxía, na que o termo anatomía refírese unicamente ao estudo dos órganos internos, mentres que é a histoloxía animal' a que se ocupa do estudo das células e os tecidos dos animais.
Por outra parte, a anatomía está fortemente correlacionada coa fisioloxía vexetal, o estudo dos procesos metabólicos das plantas.MG Simpson. 2005. Plant Anatomy and Physiology. En: Plant Systematics. Elsevier Academic Press. Capítulo 10.
Historia Nos seus comezos, a anatomía vexetal incluía tamén a morfoloxía vexetal, que estuda a forma física e a estrutura externa das plantas. A partir de mediados do século XX as investigacións sobre anatomía vexetal están referidas soamente á súa estrutura interna, constituíndo un campo de estudo separado.Raven, P. H.; Evert, R. F. & Eichhorn, S. E. (2005): Biology of Plants. 7th edition. New York: W. H. Freeman. ISBN 0-7167-1007-2. páx. 9.
Aplicacións á sistemática Os caracteres anatómicos son uns dos "campos de evidencia taxonómica" utilizados en análises filoxenética (outros son a morfoloxía, a embrioloxía, os cromosomas, a palinoloxía, os metabolitos secundarios, as proteínas).Judd, W. S.; C. S. Campbell; E. A. Kelogg; P. F. Stevens & M. J. Donoghue (2007): "Structural and Biochemical Characters!. En: Plant Systematics. A Phylogenetic Approach. Third Edition. Capítulo 4. En comparación cos morfolóxicos, os caracteres anatómicos requiren dunha habilidade técnica e tomalos consome moito tempo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Barthlott, X.; C. Neinhuis, D. Cutler, F. Ditsch, I. Meusel, I. Theisen & H. Wihelmi (1998): "Classification and terminology of plant epicuticular waxes". Bot. J. Linnean Soc. 126: 237-260. Behnke, H-D. (1972): "Sieve-element plastids in relation to angiosperm systematics: An attempt towards a classification by ultrastructural analysis". Bot. Rev. 38: 155-197. Behnke, H-D. (1975): "The bases of angiosperm phylogeny: Ultrastructure". Ann. Missouri Bot. Gard. 62: 647-663. Carlquist, S. (1961): Comparative plant anatomy: A guide to taxonomic and evolutionary applications of anatomical data in angiosperms. Nova York: Holt, Rinehart & Winston. Dickinson, W. C. (1975): "The bases of angiosperm phylogeny: Vegetative anatomy". Ann. Missouri Bot. Gard. 62 :590-620. Dickinson, W. C. (2000): Integrative plant anatomy. San Diego, CA: Harcourt/Academic Press. (Inclúe capítulos que tratan da utilidade dos datos anatómicos nos estudos de morfoloxía e sistemática". Esau, K. (1977): Anatomy of seed plants. 2nd. ed. New Work: Wiley. Eyde, R. H. (1975): "The bases of angiosperm phylogeny: Floral anatomy". Ann. Missouri Bot. Gard. 62 :961-978. Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-0078-3. Hickey, L. J. & J. A. Wolfe (1975): "The bases of angiosperm phylogeny: Vegetative morphology". Ann. Missouri Bot. Gard. 62: 538-589. Judd, W. S. et al. (2007): Plant systematics: a phylogenetic approach. Sunderland, Massachusetts: Sinauer Associates, Inc. Metcalfe, C. R. & L. Chalk (1979): Anatomy of the dicotyledons, 2nd. ed. Vol. 1: Systematic anatomy of leaf and stem, with a brief history of the subject. Oxford: Clarendon. Metcalfe, C. R. & L. Chalk (1983): Anatomy of the dicotyledons, 2nd ed. Vol. 2: Wood structure and conclusion of the general introduction. Oxford: Clarendon. Radford, A. E.; W. C. Dickinson; J. R. Masseym & C. R. Bell (1974): Vascular Plant Systematics. Nova York: Harper and Row. Nova York. (Inclúe unha lista de numerosos termos morfolóxicos e anatómicos, con ilustracións). Simpson, Michael (2005): Plant Systematics. Elsevier Acedemic Press. Stace, C. A. (1965): "Cuticular studies as an aid to plant taxonomy". Bull. Br. Mus. (Nat. Hist.) Bot. 4: 1-78.