José Cabaneiro Anllo, frai Aniceto de Mondoñedo, nado en Mondoñedo o 17 de xaneiro de 1896 e finado en Cuba en 1958, foi un relixioso capuchino e destacado orador galego
Traxectoria
Fillo de Francisco Cabaneiro Díaz, que finou antes do seu nacemento, e de Evarista Anllo Sordo. Aos once anos escoitou a predicación de dous frades capuchinos e fíxose capuchino, ordenándose en 1920. Estudou en Roma onde obtivo o doutoramento en Filosofía con especialización en Ciencias Exactas. Impartiu clase no País Vasco e Santander. Creou un observatorio astronómico en Santander. Destacado orador, nunha das súas intervencións máis coñecidas, en Salamanca durante a conmemoración do VII centenario de San Francisco en 1927, disertando sobre a pobreza franciscana, comparou os capítulos de Asís coas xuntas da UGT.
Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, marchou a Francia como delegado do Comité Pro Axuda aos Exiliados, desde o que facilitou os trámites administrativos dos que fuxían a América. El mesmo marchou a Cuba en 1939. Residiu en Bayamo, onde construíu a igrexa de Julia. Trasladado á Habana, dedícouse a edificar templos, como o de Marianao e os dous da Habana, o Salvador e o Xesús de Miramar ou basílica de Cristo Rey, iniciada en 1948 e inaugurada o 28 de maio de 1953. En 1955 foi designado Custodio de Cuba (superior da Orde Capuchina en Cuba).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas El capuchino de Mondoñedo que construyó la basílica más grande de Cuba José Cabaneiro Anllo
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes