Ana Cabana Iglesia, nada en Castro de Rei en 1976, é unha historiadora galega.
Traxectoria Doutorouse en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 2006 coa tese Entre a resistencia e a adaptación: a sociedade rural galega no franquismo (1936-1960), dirixida por Lourenzo Fernández Prieto. Dende 2003 é profesora do Departamento de Historia no Campus de Lugo da USC. Dedícase ao estudo das actitudes sociais durante a ditadura franquista e a conflitividade rural durante o franquismo e a transición.
Obras Pedro Murias. Tabaqueiro na Habana, indiano na Devesa, 2001.
Entre a resistencia e a adaptación. A sociedade rural galega no franquismo (1936-1960), 2007. Xente de Orde. O consentemento cara o franquismo en Galicia, 2009. La derrota de lo épico, 2013. Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais. Proxecto Batefogo. Catro Ventos. 2019
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Histagra
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Castro de Rei Categoría:Nados en 1976 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela