José María Caamaño Louro é un empresario e ex piloto de rallys galego, cofundador do Grupo Caamaño, histórico subministrador de Inditex.

Competiu no Campionato de Galicia de Rallys de Terra, onde logrou varias vitorias e dous subcampionatos a bordo dun Citroën Visa, así como no Campionato de España de Rallys de Terra.

É pai do tamén piloto de rallys Iago Caamaño.

Traxectoria Nos anos 80 fundou xunto a Emilio Mahía o Grupo Caamaño, empresa adicada ao sector da transformación do metal, carpintaría metálica e vidro para fachadas. Dita empresa converteuse nun dos principais subministradores de Inditex, realizando a montaxe íntegra das tendas da multinacional. O grupo creceu ata facturar darredor de 100 millóns de euros ao ano, e en 2019 a maioría das súas accións foron vendidas ao grupo vasco Kider.

Fóra do mundo empresarial, Caamaño probou como toureiro, realizando varias corridas e pasou logo a competir en rallys. Disputou diversas probas de asfalto e montaña, centrándose finalmente nos rallys de terra. Disputou o Campionato de Galicia de Rallys de Terra con José Manuel Valeiro como copiloto, e en 1988 quedou subcampión despois de subir ao podio no Rally de Narón e no Rally de Terra do Carballiño, cun Renault 5 GT Turbo e un Citroën Visa 1000 Pistas respectivamente. Cun Citroën Visa 4x4 revalidou o subcampionato ao ano seguinte, no que conseguiu a vitoria no 2º Rally de Narón e no 2º Rally de Terra de Ourense. Nos anos seguintes disputou o Campionato de España de Rallys de Terra co Visa e cun Citroën AX 4x4, pero con menos éxito.

O seu fillo Iago Caamaño tamén se adica aos rallys, sendo un dos pilotos máis destacados de Galicia.

Notas

Categoría:Pilotos de rally de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Empresarios de Galicia