Kermes quercus é un insecto hemíptero da superfamilia dos cocoideos e familia dos quermésidos, unha das contra 20 integradas no xénero Kermes.Hodgson, Chris J. (1997): "Classification of the Coccidae and related Coccoid families", en Yair Ben-Dov & Chris J. Hodgson, eds. "Soft Scale Insects their Biology, Natural Enemies and Control", World Crop Pests, Volume 7, Part A, páxinaas 157-201.

É un parasito de plantas, sendo os seus hospedeiros varias especies do xénero Quercus.

Especies parasitadas Quercus sessiliflora, Quercus robur e Quercus pubescens.Hoy, J. M. (1963): "A catalogue of rhe Eriococcidae (Homoptera: Cocoidea) of the world". New Zealand Department of Scientific and industrial Reseach Bulletin 150: 1-260.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita por Linneo en 1758 na páxina 455 da 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Coccus quercus.Coccus quercus no Systema Naturae.Coccus Quercus Linnæus, 1758 en ZooBank.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:Kermes quercus en ScaleNet.<ref name=G>[https://www.gbif.org/species/8345768 Kermes quercus (Linnaeus, 1758)] no GBIF.</ref> Chermes reniformis Fourcroy, 1785 Coccus cambii Ratzeburg, 1844 Coccus quercus Linnaeus, 1758 (protónimo) Kermes lindingeri King, 1914 Kermes quercus Cockerell, 1894 Kermes reniformis Signoret, 1875 Kermococcus quercus Henriksen, 1921 Physokermes reniformis Targioni Tozzetti, 1869 Talla quercus Lindinger, 1933

Características As femias adultas teñen forma de corazón, co ventre en forma de cuña, avultada. A derme ten só un suco transversal e é de cor parda escura.

As ninfas das femias no terceiro estadio (prepupa) teñen un corpo membranoso amplamente ovalado, con segmentación indistinta, antenas de 9 segmentos, patas con 3 segmentos, cos brotes das ás anteriores que se estenden ao redor da base das patas metatorácicas e un lóbulo medial amplamente arredondado. A pupa ten o corpo ovalado, alongado, cunha segmentación máis distinta e os apéndices máis desenvolvidos: antenas de 10 segmentos, patas de 5 segmentos, e os brotes das ás esténdense lateralmente máis alá da coxa das patas metatorácicas.

Distribución e hábitat A especoi está amplamente distribuída en toda Europa, encontrándose comunmente sobre especies do xénero Quercus.

Bioloxía Esta especie ten unha xeración por ano. Pasa o inverno coas ninfas no segundo estadio e mudan a adultos a finais de abril ou principios de maio en Alemaña. apaparéanse e comenzan a poñer huevos a partir de finais de maio, e os hovos eclosionan en 2 ou 3 semanas. As formigas e as abellas asócianse comunmente con esta especie atraídas polas grandes cantidades de sucos doces que segregan.

En 2010 realizáronse investigacións en Polonia que complementan os resultados dun estudo do ciclo de vida de Kermes quercus realizado en 2008-2009. As últimas observacións leváronse a cabo desde principios de marzo até finais de novembro de 2010. Mostraron que K. quercus pasaba o inverno como ninfas do segundo estadio. Estas convirtéronse en adultos a principios de maio. A reprodución comezou a principios de xuño. As ninfas do primeiro estadio da nova xeración apareceron a mediados de xuño. Logo desenvolvérone durante uns 5 meses, despois do cal entraron na diapausa de inverno. Todas as observacións, realizadas en 2008-2010, mostraron que, baixo as condicións climáticas de Polonia, K. quercus é unha especie cuxo ciclo vital se desenvolve en dous anos. No primeiro ano pasa o inverno como ninfa do primeiro estadio, e no segundo ano como ninfa do segundo estadio.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Boitard, P. (1828): Les gallinsectes. Manuel d'entomologie ou histoire naturelle des insectes 2: 169–172. Fernald, M. E. (1903): A catalogue of the Coccidæ of the world. Special bulletin. Hatch Experiment Station of the Massachusetts Agricultural College nº 88. Koteja J. & Żak-Ogaza, B. (1972): "Morphology and taxonomy of the male Kermes quercus (L.) (Homoptera, Coccoidea)". Acta Zoologica Cracoviensia 17 (8): 193–215. Podsiało, E. (2013): "Life history of Kermes quercus (LINNAEUS) (Hemiptera: Kermesidae) in Poland". Polish Journal Entomology 82 (3): 151–158. Podsiało, E. (2014): "Identification characters of nymphal instars and adult female of Kermes quercus (LINNAEUS, 1758) (Hemiptera: Kermesidae)". Polish Journal Entomology 83 (4): 259–268. Podsiadło, E. (2015}: "Description of pupal instars of Kermes quercus (Linnaeus, 1758) (Hemiptera: Kermesidae). Polish Journal of Entomology 84 (3): 155–162. (Texto completo). Consultado o 27 de xuño de 2020)

Outros artigos Cocoideos Quermésidos Kermes''

Categoría:Sternorrhyncha Categoría:Parasitos