Albania (en albanés, Shqipëri ou Shqipëria), oficialmente República de Albania (en albanés, Republika e Shqipërisë), é un país balcánico, situado nas costas do mar Adriático e do mar Xónico, no Mediterráneo. Comparte fronteiras con Montenegro ao noroeste, con KosovoO status político de Kosovo é controvertível. Tras declarar unilateralmente a súa independencia de Serbia en 2008, Kosovo é recoñecido formalmente coma un estado independente por 100 estados membros da ONU, mentres que 93 non o recoñecen. Serbia segue reclamándoo como parte do seu propio territorio. ao nordeste, coa Macedonia do Norte ao leste e con Grecia ao sur. Tirana é a súa capital e cidade máis poboada, seguida de Durrës, Vlorë e Shkodër.

Albania presenta unhas condicións climáticas, xeolóxicas, hidrolóxicas e morfolóxicas variadas, definidas nunha superficie de 28 748 km2. Posúe unha gran diversidade, cunha paisaxe que vai dende as nevadas montañas dos montes Prokletije, así coma dos montes Korab, ata as cálidas e soleadas costas mediterráneas albanesas.

Albania foi poboada por diferentes civilizacións ao longo do tempo, como os ilirios, tracios, gregos, romanos, bizantinos, venecianos e otománs. Os albaneses estableceron o Principado autónomo de Arbër no século XII. O reino de Albania e o Principado de Albania formáronse entre os séculos XIII e XIV. Antes da conquista otomá de Albania no século XV, a resistencia albanesa á expansión otomá, liderada por Skanderbeg, gañou o recoñecemento de case toda Europa. Albania permaneceu baixo o dominio otomán durante case cinco séculos, nos cales moitos albaneses alcanzaron altos cargos no imperio, especialmente no sur dos Balcáns e en Exipto. Entre os séculos XVIII e XIX, o desenvolvemento cultural deu lugar ao Renacemento albanés. En 1912, trala derrota otomá nas Guerras balcánicas, a moderna nación de Albania declarou a súa independencia.

Albania é unha democracia parlamentaria que aínda segue a transformar o seu sistema económico cara a unha economía de mercado. É membro das Nacións Unidas, da OTAN, da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa, do Consello de Europa, da Organización Mundial do Comercio e da Organización da Conferencia Islámica. Ademais é un candidato potencial á adhesión á Unión Europea dende xaneiro de 2003, solicitando formalmente o seu ingreso o 28 de abril de 2009.

Etimoloxía Albania é o nome en latín medieval do país chamado Shqipëri polos seus habitantes. O nome en grego medieval é o de Albania ademais de variantes tales coma Albaētia ou Arbanētia. A orixe máis recente do elemento Alb- remóntase ao ilirio alb ou outeiro, emparentado coa voz Alp-, ou montaña de pastos, atopada en rexións alpinas. No século II, na Historia do Mundo escrita polo historiador grego Polibio, hai unha mención a unha cidade chamada Arbon que hoxe en día estaría en Albania central.

Outra teoría é que o topónimo do país procede da tribo iliria dos Albanoi recollida por Tolomeo, o famoso astrónomo e cartógrafo de Alexandría, quen debuxara un mapa de marcada importancia para a historia de Iliria. Ese mapa recollía á cidade de Albanópole, que estaría localizada ao sur da actual cidade albanesa de Durrës.

Na súa historia escrita entre 1079 e 1080, o historiador e estadista bizantino Attaliates foi o primeiro en nomear aos Albanoi coma parte dunha revolta contra Constantinopla en 1043 e aos Arbanitai coma súbditos do Duque de Dyrrachium. Durante a Idade Media, os albaneses chamáronlle ao seu país Arbër ou Arbën e autodenomináronse coma Arbëresh ou Arbnesh.

Historia

Primeiros asentamentos miniatura|esquerda|180px|Ruínas de Apolonia, cidade da Antiga Grecia (588 a. C.), hoxe preto de Fier. O pobo máis antigo coñecido que habitou o actual territorio de Albania foi o dos ilirios, dos cales os shqipëtars ou albaneses son supostos descendentes. Os gregos colonizaron as costas e o sur do territorio, que quedou en gran parte incluído dentro do Epiro. Os ilirios efectuaban frecuentes incursións nos estados helenísticos da Molosia, Peonia e mesmo a Macedonia. No 35 a. C., os romanos conquistaron os sitios máis accesibles e civilizados, denominándoos provincias de Ilírico e Epiro, aínda que os territorios máis montañosos e remotos nunca chegaron a estar baixo control do Imperio Romano.

Baixo os romanos, Iliria coñeceu unha época de paz e prosperidade. A principal ruta comercial entre Roma e Constantinopla, a Vía Egnatia, discorría entre Epidamnos (Durrës) e Tesalónica. Os ilirios, do mesmo xeito que os gregos, conservaron a súa lingua e as súas tradicións durante o dominio romano. Cando o Imperio Romano quedou dividido no ano 395, os ilirios foron asimilados polo Imperio Bizantino. Durante os séculos V e VI confluíron con pobos itinerantes como os visigodos, hunos, ostrogodos e eslavos.

Idade Media Entre 1443 e 1468, Gjergj Kastrioti chamado Skanderbeg, xunto con Lekë Dukagjini, dirixiu en nome dos albaneses as loitas conxuntas de serbios, búlgaros, romaneses e outros pobos da zona contra os turcos otománs, converténdose no heroe nacional e unha icona da loita contra o invasor islámico. Antonio Vivaldi adicoulle unha ópera a Skanderbeg co mesmo nome. Desta época datan os primeiros documentos escritos en lingua albanesa, en alfabeto cirílico.

Nese longo período de ocupación sucederon varios feitos determinantes para a actual cultura albanesa: gran parte da poboación urbana ortodoxa exiliouse, principalmente no sur de Italia e Grecia, mentres que a maioría da poboación que se mantivo no país foi convertida ao islam, longo do sete séculos de ocupación. Trala progresiva conversión ao islam, por interese e supervivencia, e a asimilación turca de gran parte dos albaneses, Albania converteuse nun Estado privilexiado e leal ao Imperio, alcanzando altos cargos na administración do Imperio e tamén como forzas de choque para manter o control sobre Grecia, Serbia, o territorio da actual Macedonia do Norte e Bulgaria.

Século XX

A comezos do século XX no marco da primeira Guerra dos Balcáns o Imperio Otomán enfrontouse á Liga Balcánica, formada por Serbia, Montenegro, Bulgaria e Grecia, sufrindo unha gran derrota e perdendo case tódolos territorios europeos. Co Tratado de Londres no ano 1913, que definiría o repartimento das terras conquistadas entre os aliados, acordaríase apoiar a declaración de independencia de Albania en novembro de 1912, o que supuxo o primeiro estado independente do país, grazas a insistencia de Italia e o Imperio Austrohúngaro que non desexaban que Serbia contara con saída ao Mar Adriático. Este novo proxecto tería como un dos seus máximos expoñentes políticos a Ismail Qemali, quen sería Primeiro Ministro entre 1912 e 1914.

O estado independente non duraría moito, xa que na práctica acabou coa primeira guerra mundial, coa ocupación do norte por Serbia e o sur, o Epiro norte, por Grecia, actuando o resto do territorio como un protectorado de Italia, que puxo no goberno a Ahmet Zogu. Quen pasaría a ser a partir do ano 1928 o rei Zog I de Albania, o seu reinado remataría no ano 1939 coa invasión da Italia fascista de Musolini e a proclamación como rei de Albania de Vítor Manuel III de Savoia.

Durante a segunda guerra mundial organizouse a resistencia en forma de guerrillas, organizadas sobre todo en torno a movementos de orientación comunista e a un dos seus principais líderes Enver Hoxha. No ano 1941 o recentemente fundado Partido do Traballo de Albania, de ideoloxía marxista-leninista, tomou o control do estado albanés, baixo o liderado de Hoxha e creando a República Popular de Albania. En 1955, Albania pasou ser membro do Pacto de Varsovia. Porén o país foi illado, primeiro por Occidente e logo pola Unión Soviética despois de que Hoxha fixera unha dura crítica a Nikita Khrushchev achegándose a China, de quen tamén remataría afastándose trala morte de Mao Tse Tung.

En 1985, Enver Hoxha morreu e Ramiz Alia tomou o seu lugar. Inicialmente, Alia tentou seguir os pasos de Hoxha, mais os cambios en Europa do Leste xa comezaran, Mikhail Gorbachev aparece na URSS con novas políticas (Glasnost e Perestroika). Despois de que Nicolae Ceauşescu, líder comunista de Romanía, fose executado nunha revolución, Alia asinou o Acordo de Helsinqui, polo que se comprometía a modificar a lexislación en materia civil e foron convocadas eleccións pluripartidistas gañadas polo Partido Demócrata co 62% dos votos en 1992.

miniatura|Tirana, capital de Albania, hoxe. O primeiro trimestre de 1997 foi un momento moi delicado para Albania, na que nunhas poucas semanas o Estado rozou a descomposición e a guerra civil. Dous feitos fundamentais desencadearon esta situación: as caóticas eleccións lexislativas na que resultou gañador o Partido Demócrata de Sali Berisha e o colapso duns sistemas bancarios de estrutura piramidal que prexudicaron enormemente ao país. A estafa consistía nunha serie de depósitos que xeraban uns intereses irracionalmente altos, e dunha dubidosa solvencia, que a pesar diso contou co estímulo do Goberno de Berisha baixo o pretexto da expansión do sistema crediticio. Moitos albaneses confiaron as súas escasas propiedades, despois de décadas de comunismo, e incluso hipotecaron as súas casas para obter eses intereses.

Isto desencadeou un descontento xeral que se consumou co saqueo dos cuarteis militares e depósitos de armas. Nesta situación de caos e de violencia, antigas vinganzas persoais volveron a aflorar e moitos albaneses iniciaron outra inmigración masiva a Italia como xa realizaran co derrocamento do comunismo. Un levantamento armado, dirixido por "comités de Salvación" de orientación comunista, estourou en Vlorë e ao sur do país. Saqueos e enfrontamentos ocorreron na capital e as demais cidades. Argumentando o caos, a ONU aprobou o envío urxente dunha "Forza de Protección Multinacional" de 7.000 soldados liderada por Italia, cuxa avanzada desembarcou en Durres e Vlorë o 14 de abril. O descontento causaron que o Partido Socialista gañara as eleccións de 1997. As Forzas deixaron o país en agosto.

Dende 1990 Albania está orientada cara "occidente", foi aceptada no Consello de Europa e na OTAN, pedindo ademais formar parte da Unión Europea.

En 2007 Albania converteuse no primeiro país do mundo en eliminar todo o seu armamento químico. O país tornouse membro pleno da OTAN en 2009.

Xeografía e clima miniatura|Costa de Ksami miniatura|Outeiros de Horë-Vranisht Albania é un estado cunha superficie total de 28.750 quilómetros cadrados. É moi montañoso, con alturas xeneralizadas de máis de 1.000 metros, cheo de cantís e montañas. O pico máis alto, o Korab, chega até os 2.753 metros e atópase no distrito de Dibra. O 70% do país é accidentado e moitas veces inaccesíbel. As terras baixas só ocupan 1/7 do país e redúcense á chaira litoral e a vales moi estreitos. Os seus principais ríos son o Drin, o Vijosë, o Devoll, o Seman e o Shkumbin. No sueste atópanse os lagos de orixe tectónico chamados Ohrid e Prespa, mentres que ao norte, preto das costas mediterráneas, sitúase o lago de Shkodër.

As terras costeiras gozan dun clima mediterráneo, con temperaturas medias anuais de ao redor de 16 °C e con invernos frescos e veráns cálidos. En troques, no interior vólvese un clima continental, con medias anuais de 10 °C e bruscos contrastes de temperaturas ao longo do ano. Nalgunhas zonas montañosas as precipitacións superan os 2000 mm e as montañas en inverno reciben abondosas nevaradas. Máis dun terzo do territorio do país son bosques e o territorio é moi rico en flora, destacando a vexetación mediterránea con maquías e coníferas na franxa litoral e no interior montañoso predominan fragas de coníferas e caducifolias. Ao redor de 3.000 especies diferentes de plantas crecen en Albania, a maioría utilizadas con fins medicinais.