Shiba Sonome (), nada en 1664 e finada o 21 de maio de 1726, foi unha poeta zen xaponesa do período Edo. Amiga de Matsuo Bashō, con quen mantivo unha correspondencia con numerosos haikus, considerada hoxe en día un tesouro literario.
Traxectoria Sonome naceu en Yamada, na provincia de Ise (actual cidade de Ise, na prefectura de Mie). Era filla dun sacerdote xintoísta de Ise. Casou cun médico local, co que se trasladou a Osaka en 1682. Entre 1688 e 1689, fíxose discípula da escola de Matsuo Bashō.
Tras o pasamento do seu esposo, asentouse na capital de Edo, onde estivo en contacto cun dos principais estudantes de Bashō, Enomoto Kikaku (1661-1707). Alí, traballou como doutora asistindo a doentes con enfermidades oculares. En 1718, decidiu facerse monxa budista.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Haiku Matsuo Bashō
Categoría:Escritores do Xapón Categoría:Escritores en lingua xaponesa Categoría:Nados en 1664 Categoría:Finados en 1726