Batzarre é un partido político vasquista de esquerdas de Navarra que se formou en 1987 da unión das seccións navarras de Euskadiko Mugimendu Komunista (EMK) e Liga Komunista Iraultzailea (LKI), e pode considerarse sucesor de plataformas como UNAI, ANAI, ANIZ e Auzolan.
Ten un acordo con Zutik que fai que esa formación en Navarra estea integrada en Batzarre.
Batzarre constituíuse oficialmente como partido político en 1991. A súa presenza é reducida, circunscrita fundamentalmente ás comarcas de Pamplona e Tudela. Ten 510 afiliados,Los 510 afiliados de Batzarre decidirán si siguen o no en NaBai , Gara, 4 de noviembre de 2010. e foi membro da coalición Nafarroa Bai até que a abandonou en 2011 para formar con IUN a coalición electoral Izquierda-Ezkerra.
Eleccións
Eleccións Votos % Deputados Posición Observacións Eleccións ao Parlamento de Navarra de 1987 5.880 2,11 0 9º Eleccións ao Parlamento de Navarra de 1991 6.543 2,41 0 6º Eleccións ao Parlamento de Navarra de 1995 6.509 2,23 0 7º Eleccións ao Parlamento de Navarra de 1999 47 271 a 15,96 1 b 3º a Como membro de Euskal Herritarrok. b Dos 8 totais de EH, na persoa de Milagros Rubio. Eleccións ao Parlamento de Navarra de 2003 7.873 2,62 0 7º Eleccións ao Parlamento de Navarra de 2007 77 893 c 23,95 1 d 2º c Como membro de Nafarroa Bai. d Dos 12 totais de NaBai, na persoa de Ioseba Eceolaza. Eleccións ao Parlamento de Navarra de 2011 18 457 e 5,71 1 f 6º e Como membro de Izquierda-Ezkerra. f Dos 3 totais de I-E, na persoa de Txema Mauleón.
Eleccións municipais En canto ás eleccións municipais, a última vez que se presentou en solitario foi en 2003, cando obtivo 8.449 votos (2,8%), e 15 concelleiros. En 2007 obtivo 10 concelleiros en candidaturas de Nafarroa Bai e 4 en candidaturas populares.
Notas
Categoría:Partidos políticos de Navarra Categoría:Nacionalismo vasco