Rudar é un filme esloveno de 2017 dirixido por Hanna Antonina Wojcik Slak. Foi escollido como candidato de Eslovenia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Conta a historia dun mineiro que descobre os corpos de milleiros de persoas que foron executadas no masacre do pozo de Barbara.

Sinopse Alija descobre milleiros de corpos de persoas executadas durante a segunda guerra mundial nunha mina abandonada. O seu xefe, querendo vender a mina, presiónao para quede calado, mais Alija arrisca o seu traballo por alertar a policía.

Elenco Boris Cavazza Jure Henigman Leon Lučev Tin Marn Marina Redzepovic

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Eslovenia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua eslovena Categoría:Filmes de Eslovenia