Abū Zakariyyā Yaḥyā ibn Sharaf al-Nawawī (en ), nado en Nawa en 1233 e finado na mesma cidade en 1277, coñecido como al-Nawawī ou Imam Nawawī foi un xurista sunnita shafi'ita e estudoso do hadith.Ludwig W. Adamec (2009), Historical Dictionary of Islam, pp.238-239. Scarecrow Press. . Foi o autor de numerosos e longas obras sobre o hadith, biografías e xurisprudencia.Fachrizal A. Halim (2014), Legal Authority in Premodern Islam: Yahya B Sharaf Al-Nawawi in the Shafi'i School of Law, páx. 1. Routledge. . Al-Nawawi nunca casou.
Traxectoria Al-Nawawi naceu en Nawa preto de Damasco. Como no árabe e outras linguas semitas, a última parte do seu nome refírese á súa patria.
Estudou en Damasco dende os dezaoito anos e tras facera peregrinación en 1253 estableceuse aló como estudoso privado.Encyclopedia Britannica Os seus mestres estaban considerados como autoridades das súas materias e nas disciplinas que ensinaban. Estudou o hadith, a xurisprudencia islámica, os seus principios, sintaxe e etimoloxía.
Nawawi provocou a ira do sultán mameluco Rukn al-Din Baybars, cando recolleu a petición dos residentes de Damasco que buscaban alivio dos fortes impostos durante unha seca que durou varios anos. Isto levou a que Baibars o ameazase coa expulsión de Damasco. A isto respondeu:
Faleceu en Nawa aos 44 anos.
Legado O legado duradeiro de al-Nawawi é a súa contribución á literatura do hadith mediante as trascendentais obras Corenta hadiths e Riyadh as-Saaliheen. Isto fixo que foxe respectado en todas as madhabs, a pesar de que fose da xurisprudencia shafi'i. Segundo Al-Dhahabi, a concentración e a absorción de Imam Nawawi no amor académico valeulle fama proverbial.
Destrución da tumba En 2015, durante a guerra civil siria, a súa tumba foi demolida polos rebeldes ligados a Al Nusra.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biodata at MuslimScholars.info A short bio on Imam Nawawi An-Nawawi's Forty Hadiths Imam Nawawi
Categoría:Nados en Siria Categoría:Nados en 1233 Categoría:Finados en 1277 Categoría:Personalidades do islam Categoría:Teólogos musulmáns Categoría:Personalidades da filosofía