A caioteiraNome galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega (Sechium edule) é unha cucurbitácea cuxo froito, a caiota, é de amplo uso como hortaliza.Montes, Consuelo y Astrid A. Gómez (2011) "Valoración de la cidra papa (Sechium edule) como alternativa de alimentación y el campo; Biotecnología en el Sector AgropecuarioyAgroindustrial 9(2): 198-209. miniatura|Vista da planta
Clasificación e descrición A especie Sechium edule é unha rubideira perenne, monoica e vivípara de talos arestados e lisos, até de 15 m de longo, moi ramificados. Os talos teñen cordóns de fibras longas e fortes, as guías crecen dunha cepa permanente e duran dun a dous anos. Dun nó do talo sae un gabián, de base longa e forte, que acaba en tres ou catro ramificacións, unha delas máis grosa e longa que as outras. Ao lado oposto do nó abrocha unha folla, de cuxa axila saen inflorescencias ou ramas vexetativas. As follas teñen o pecíolo curto e xeralmente curvo. A lámina palmada, coa base profundamente recortada, ten de cinco a sete lobos obtusos e apiculados, a marxe posúe uns pequenos dentes, claros e espazados. Hai cinco nervios principais que saen do pecíolo, afundidos no lado superior e prominentes no revés da lámina. As flores son unisexuais, ambas son semellantes e posúen dez nectários en forma de poros situados na base do cáliz, prodúcense en etapas sucesivas no talo e en cada nó hai inflorescencias pistiladas e estaminadas, están espazadas e ábrense sucesivamente, aínda que moitas delas non chegan a abrir pois secan e caen. A corola ten até dous centímetros de diámetro, formada por cinco pétalos unidos só na base, amarelados e con estrías verdosas.
O froito é unha baga solitaria ou en pares sobre un mesmo pedúnculo, vivípara, carnosa, indehiscente, con diferentes formas tamaños e cun crecemento sigmoide. O exocarpo, é liso ou finamente pubescente, ou con espiñas que varían en número e tamaño, con presenza ou ausencia de sucos e con tonalidades verde escuras, verde claras e brancas. O mesocarpo é carnoso seco ou suave, cor verdosa a branca, formado por un parénquima de almacenamento que é rico en nutrientes e con fibras que forman unha rede ao redor do endocarpo. A semente, é única, grande, ovoide, achatada, lisa, suave e formada por dous cotiledóns grandes.Gamboa, W. 2005.Producción agroecológica, una opción para desarrollo dechayote [Sechium edule(Jacq.) Sw.]. Editorial da Universidade de Costa Rica. Costa Rica. 166-168 ppLeón, J. 2000. Botánica de los cultivos tropicales. IICA. Costa Rica. 166-168 pp esquerda|miniatura|Perulero (froito) A planta posúe un sistema de raíces fibrosas e algunhas sofren un proceso de tuberización na súa parte terminal durante a época fría do ano. A raíz tuberizada tende a desaparecer cando a planta emite novos talos e estes se desenvolven; primeiro perde dureza e posteriormente entra en estado de putrefacción.Cruz-León, A., M.T.J. López Rueda. 2005. Dinámica dela formación de la raíz tuberizada del chayote (Sechium edule Sw.) en su primer año de cultivo. Revista Chapingo. Serie Horticultura 11:13-19.Hernández Bermejo J. E. y J. León. 1992. Cultivos Marginados, otra perspectiva de 1492. Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura la Alimentación. Roma. 345 p. Froito Ten unha cor que vai desde a verde escura á verde clara ou amarela clara case branca. Cando está tenro presenta unha casca lustrosa e consistencia dura. Pode estar cuberto por espiñas ou non. A caiota sen espiñas ten unha aparencia máis lisa e pode presentar menos fendas que a caiota con espiñas.
Cada caiota ten unha semente ampla e chata, chamada pebida, que é comestible ademais da polpa. Comunmente as caiotas pesan ao redor dos 500 gramos, aínda que algúns chegan a pesar até 2 quilogramos.
É un dos froitos que máis axudan ao mantemento e coidado do pelo, pel e uñas. Casca A casca non é apta para conservación.
Variedades Unha variedade moi pequena de cor amarela ou verde da caiota coñécese en Costa Rica co nome de cocoro. En Guatemala e en Honduras, unha variedade de cor amarelada coñécese como perulero. O perulero é branco por dentro e amarelo por fóra. A súa consistencia é máis suave e zumenta que a caiota tradicional, que é de cor verde, e pódese establecer que existan cepas diferenciadas do froito estudado.
Cultivos Os cultivos son 'Broad Green', 'Long White', 'Oval Green', 'Pointed Green', 'Round White'. Foron cultivares estudados en Porto Rico en 1901.D Decker Walters (editora). Vegetable Cultivar Descriptions for North America, Gourd - Sechium, Lists 1-26 Combined En: Cucurbit Breeding. Horticultural Science .
Distribución A caioteira é unha especie que foi domesticada dentro da área cultural de Mesoamérica, e na rexión comprendida entre o sur de México e Honduras.León, J. 2000. Botánica de los cultivos tropicales. IICA. Costa Rica. 166-168 pp O cultivo da caiota está amplamente difundido en Mesoamérica. A súa introdución nas Antillas e América do Sur levouse a cabo entre os séculos XVIII e XIX. Nesta mesma época introduciuse en Europa, desde onde foi levada a África, Asia e Australia mentres que a súa introdución nos Estados Unidos data de finais do século XIX.
Na actualidade, a comercialización a grande escala recae nun tipo chamado verde liso. Os principais países produtores son México, Costa Rica, Guatemala, Brasil, Estados Unidos de América, Alxeria, India, Nova Zelandia e Australia. En México, son seis os estados que teñen unha produción importante de caiota para o mercado: Chiapas, Michoacán, Estado de México, Nayarit, Xalisco e Veracruz.SINAREFI. Sistema Nacional de Recursos Fotogenéticos para la alimentación y la Agricultura. 2007. Red Chayote.
Ambiente A caioteira cultívase de maneira tradicional en moitas rexións do mundo, preferentemente entre os 800 e 1 800 m de altitude. Mais en moitas rexións existen variantes adaptadas ao cultivo a nivel do mar (en Río de Xaneiro e no Iucatán); noutras dáse por enriba dos 2 000 m (en Bolivia e en México, en Oaxaca e Chihuahua). As taxas silvestres máis próximas a S. edule presentan unha distribución de altitudes similar, xa que crecen entre os 50 e 2 100 m. En termos xerais, este vexetal posúe a tendencia de habitar en áreas completamente abruptas e case inaccesibles, onde as condicións do chan resultan desfavorables para exercer algún tipo de agricultura e gandaría. As condicións do medio físico onde prospera a caioteira silvestre, xeralmente interactúan co bosque mesófilo de montaña ou bosque de néboa, e nas partes máis baixas atópaselle en zonas, entre a selva mediana e a selva alta subperennifolia. Require de chans húmidos e con abundante materia orgánica ou humus. Moitas recollidas depositadas nos principais herbarios do país mexicano (MEXU, XAL, CHAPA), foron recollidas preto de ríos, arroios ou cachoeiras, onde as plantas poden atoparse formando diversas e enormes agrupacións.Becerra Zavaleta J. 2013. Un pariente silvestre olvidado en Veracruz: el Chayote. Fundación Produce. A.C.
Estado de conservación México é un dos centros de maior diversidade biolóxica. Veracruz, Chiapas e Oaxaca son os estados nos que se situaron as áreas con maior diversidade. Os rexistros de exploracións coinciden en que a maior variación atópase entre o sur de México e Guatemala. A distribución xeográfica dos parentes silvestres de S. edule tamén confirma a orixe mesoamericana deste cultivo.
No caso das especies S. edule, o ambiente no cal se desenvolveu e evolucionou viuse alterado pola actividade humana, de tal forma que moitos dos sitios naturais de dispersión se perderon.SINAREFI. Sistema Nacional de Recursos Fotogenéticos para la alimentación y la Agricultura. 2007. Red Chayote. Isto suxire que a súa distribución xeográfica no pasado era moito máis ampla. O cambio de usos do solo significou o seu desprazamento e até a súa extinción en varios puntos xeográficos, xa que para os agricultores é maleza.
Sobre a especie S. edule existe pouca información sobre como mellorar a súa conservación, cuxa diversidade está en risco debido á perda da biodiversidade, por tallas en áreas boscosas que foron erosionando a biodiversidade desta especie e aínda cando a caoita representa importancia económica, social, cultural e ambiental, a súa conservación non foi debidamente abordada nun proceso de investigación integral. Para isto é necesario realizar estudos sobre os recursos xenéticos desta especie que axuden ao desenvolvemento de prácticas sobre a conservación do xermoplasma de S. edule para manter o equilibrio da biodiversidade non só en México senón en toda a súa área de dispersión.Reyes-Hernández, E. C. 2012. Estudio del Chayote (Sechium edule).Monografía. Tesis de licenciatura. Universidad Veracruzana. México. pp 36.
Terminoloxía O nome que se lle dá ao froito,Algunhas semellanzas fixeron que os nomes dados á Sechium edule tratada no presente artigo sexan moi semellantes aos que recibe Cucurbita ficifolia, da que se obtén o doce chamado cabelo de anxo. e por extensión á planta, é: chayote en español e náhuatl (chayotli) quere dicir cabaza espiñenta, nome con que se coñece en México, Panamá, Nicaragua, Cuba, Porto Rico e Costa Rica. Tamén chamado cidrayota, tayota (en República Dominicana), güisquil (en Guatemala e O Salvador.), e guatilla chuchu, ou xuxú ou yuyu no Brasil, papapobre ou papa de pobre, choko ou guatila ou caihua en Chile, cabaza chinesa ou cabaza chilena ou calabacita chinesa no Perú; cidra, papa del moro, cidra papa, pataste;http://cocina-chifa.weebly.com/verduras.html chayota en Venezuela, pataste en Honduras. En Colombia: guatila ou papa de pobre (no interior) ou cidra (no Eixo cafeteiro e Antioquia), yota (no departamento de Santander). En España cultívase este froito e comercialízase como chayota ou patata china;el INCAP (Instituto de Nutrición de Centro América y Panamá) na Arxentina, Uruguai e Paraguai como papa del aire ou chu-chu;Lista de cultivos de hortalizas en Argentina cos seus nomes comúns.. En Filipinas recibe o nome de sayote e cultívase nas zonas montañosas do país, como A Cordilleira.
A raíz, comestible, no estado de Michoacán de México coñécese como huarás, en Chiapas como cuesa, en Oaxaca como chayocamote, en Poboa e Veracruz chámaselle chayoteste. Noutras partes de México chámaselle chinchayote ou simplemente chayote. Segundo o INCAP, a raíz da caioteira coñécese como ichintal en Guatemala (tanto ichintal como güisquil son palabras que proveñen dalgunha das linguas maias do país), chinta ou chintla no Salvador, echinta ou patastilla en Honduras, raíz de chayote en Panamá e tayota na República Dominicana.
En Kenya foi introducido por membros da comunidade mexicana (misioneiras e misioneiros) e é coñecido como shushu. Cócese e móese para combinalo cun prato do oeste de Kenya coñecido como "mukimo" (pronunciado: mokimó). Aínda que se vende nos mercados quenianos, non é moi popular.
Usos
Gastronomía A caiota é amplamente consumida en toda América Latina. Úsase a modo similar que a cabaza, cortándose en dados e incluíndoa en sopas e guisos. miniatura|Raíz da caioteira. miniatura|Ilustración A raíz ou tubérculo tamén é comestible e presentan semellanza coas patacas. Ten unha aparencia basta e suave sabor. En Colombia, en xeral úsase como calquera tubérculo substituíndo a pataca, nalgunhas partes non é usado como comestible para humanos pero si para os animais domésticos para o gando ou porcos. Algunhas das preparacións inclúen pastas, sopas (sancocho), tortas, de verdura de acompañamento e mollos.
Artesanías Os talos, pola súa flexibilidade e resistencia, utilízanse para a fabricación artesanal de cestaría e chapeus.
Medicinais