A selección de fútbol de Irlanda (en ) foi o equipo que representou á Illa de Irlanda nas competicións internacionais oficiais de fútbol entre 1882 e 1950. A súa organización estaba a cargo da Asociación Irlandesa de Fútbol (Irish Football Association, IFA), sendo a cuarta selección máis antiga do mundo. Participou principalmente no British Home Championship ante , e , torneo que conseguiu gañar en 1914. Após a partición de Irlanda na década de 1920, aínda que as competencias da IFA se restrinxían a Irlanda do Norte, o equipo da IFA continuou seleccionando xogadores de toda a illa até 1950, non adoptando o nome de Irlanda do Norte até 1954 na FIFA e a década de 1970 no British Home Championship. Por outra banda, a , representando ao novo estado, foi creada en 1924.

Véxase tamén Outros artigos Selección de fútbol da República de Irlanda Selección de fútbol de Irlanda do Norte

Categoría:Fútbol en Irlanda do Norte Categoría:Fútbol en Irlanda