miniatura|Unha imaxe ultravioleta de 2 Pallas que amosa a súa forma esférica, tomada polo telescopio espacial Hubble no ano 2007. Athena é unha misión espacial que orbitará arredor do asteroide 2 Pallas, o terceiro asteroide máis grande do Sistema Solar.
Se se consegue o financiamento necesario, Athena compartiría foguete coa sonda espacial Psyche, describindo unha traxectoria que a leve ó cinto de asteroides coa asistencia gravitacional de Marte. Tardará arredor de dous anos en alcanzar 2 Pallas. O investigador principal da misión é Joseph O'Rourke, da Universidade Estatal de Arizona.
Obxectivos Os obxectivos científicos da misión inclúen: Determinar como varía a diferenciación dos corpos con gran proporción de xeo e como evolucionaron ó longo do tempo. Determinar como evolucionou o conxunto actual de asteroides no tempo e no espazo. Entender o papel da auga na evolución de 2 Pallas. Establecer a evolución dinámica de 2 Pallas e dos asteroides da familia Pallas.
Athena realizará imaxes da xeoloxía de 2 Pallas cunha cámara de cor (RGB) en miniatura. Ademais dun experimento científico de radio, apuntando unha antena de xeito continuo cara á Terra para facer un seguimento bidireccional Doppler de tal xeito que se poida determinar da masa de 2 Pallas cunha precisión de <0.05%.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dawn (sonda espacial) Psyche (nave espacial)
Categoría:Sondas espaciais