Mi querida señorita é un filme español de 1972 dirixido por Jaime de Armiñán. É unha comedia negra que aborda o tema do cambio de sexo, sendo o primeiro filme español que trata sobre a orientación sexual, o cal era un asunto tabú en España durante o franquismo. O filme foi nomeado para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 45ª edición dos premios.
Sinopse Adela Castro é unha solteirona de mediana idade resignada a que polo seu físico ningún home a queira. Un antigo amigo viúvo, Santiago, volve á cidade e pídelle matrimonio. Adela acode a pedir consello ao seu confesor porque está preocupada por non ser unha muller "normal" xa que se afeita.
Pouco despois ten un ataque de celos ao ver regresar a Isabelita, a súa serventa, dun paseo co seu mozo. Tras unha discusión, Isabelita despídese. Entón Adela acode ao médico, quen lle descobre que en realidade é un varón, feito que descoñecía porque a criaran como muller dende bebé e a moralidade da pequena cidade de provincias en que vive non lle permitiron explorar o sexo. Ao descubrilo, marcha precipitadamente a Madrid a vivir como un home.
Personaxes José Luis López Vázquez como Adela Castro Molina/Juan Julieta Serrano como Isabelita Antonio Ferrandis como Santiago Enrique Ávila como José María Lola Gaos como tía Chus Chus Lampreave como sobriña de Chus Mónica Randall como Feli José Luis Borau como doutor
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 45ª edición dos Óscar
Bibliografía Schwartz, Ronald, The Great Spanish Films: 1950- 1990,Scarecrow Press, Londres, 1991, Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1972 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Jaime de Armiñán Categoría:Filmes rodados en Vigo Categoría:Filmes sobre temática LGBT de España Categoría:Filmes sobre temática transxénero