Tristana é un filme de 1970 dirixido por Luis Buñuel, baseado na novela homónima de 1892 escrita por Benito Pérez Galdós. É unha coprodución entre España, Italia e Francia. Está protagonizado por Catherine Deneuve e Fernando Rey e foi rodado en Toledo, España. O filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 43ª edición dos premios.
Sinopse A acción desenvólvese en Toledo. Ao morrer os seus pais, Tristana é confiada a don Lope, un sedutor en declive que xa pasou o seu momento, mais non é capaz de aceptar a súa caducidade. Don Lope seduce a Tristana e esta convértese na súa amante dende os dezanove anos ata os vinte e un. Ela, á que el considera a súa filla e a súa muller, pídelle que a deixe estudar música e arte para poder independizarse. Tristana namórase de Horacio, un pintor que tamén sente o mesmo por ela e acaba marchando con el a Madrid. Tristana sofre un cancro de xeonllo e como consecuencia teñen que amputarlle a perna. Horacio desinterésase por ela e Tristana volve a Toledo.
Personaxes Catherine Deneuve como Tristana Fernando Rey como Don Lope Franco Nero como Horacio Lola Gaos como Saturna Antonio Casas como Don Cosme Jesús Fernández como Saturno Denise Menace como Armanda Vicente Solar como Don Ambrosio José Calvo como Bellringer Fernando Cebrián como Dr. Miquis
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 43ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1970 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Luis Buñuel Categoría:Filmes rodados en Madrid