Christie Dawes, nada o 3 de maio de 1980 como Christie Skelton, é unha atleta paralímpica australiana especialista na carreira en cadeira de rodas. Gañou tres medallas en atletismo en seis participacións en Xogos Paralímpicos de Verán dende 1996 a 2016.
Traxectoria Dende ben nova estivo moi interesada no atletismo, mais cando tiña 10 anos sufriu un accidente de coche que a deixou parapléxica.Paralympiceducaction.org.au, Telstra Paralympic Education Program. Christie continuou a súa traxectoria no atletismo, pero tamén traballou como mestra de escola primaria.Athlete Profile: Christie Dawes, Athletics Australia. Está casada co seu adestrador Andrew Dawes e teñen un fillo. Nos Xogos Paralímpicos de Pequín 2008 gañou a medalla de prata na proba dos 4 x 100 metros T53–T54, foi bronce na proba de 5000 metros nos Xogos de 2012 en Londres e novamente prata competindo nos 4 x 400 metros T53–T54 nos de 2016 no Río de Xaneiro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Christie Dawes no Australian Athletics Historical Results.
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Nova Gales do Sur Categoría:Atletas de Australia Categoría:Medallistas paralímpicos de prata por Australia Categoría:Medallistas paralímpicos de bronce por Australia Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2016