María Rei Vilas, nada na Laracha en 1964, é unha profesora e escritora galega. Traxectoria Licenciouse en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela en 1987. Posteriormente, obtivo o Diploma de Estudos Avanzados en Didáctica e Organización Escolar na Universidade da Coruña.
É catedrática de Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario. Desde o 2003, traballa no IES Agra de Leborís da Laracha.
Colaboradora da Federación de ANPAS da Coruña-Costa da Morte: implicouse, xunto co seu alumnado, na organización do Camiño Sen Límites e participou na campaña contra a LOMCE, dando charlas sobre os efectos nocivos desta lei educativa.
É autora e coordinadora de diversos materiais didácticos de Bioloxía e Xeoloxía para a ESO e o bacharelato.
No 2020 gañou o premio García Barros coa súa primeira novela, Flores de ferro. No 2022 recibiu o premio San Clemente - Rosalía - Abanca pola mesma obra.
Obra Narrativa Flores de ferro (2020). Galaxia. 432 páxs. ISBN 978-84-9151-491-6. Temporal de verán (2021) publicado en Nós Diario Brenda e o ventrílocuo (2023) publicado en Nós Diario
Obras colectivas La mancha mínima (2016). Escuela de Escritores. ISBN 978-84-608-7975-6
Didáctica da bioloxía e a xeoloxía Rei, M. (1999). Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO. Madrid: McGraw Hill Interamericana. ISBN 9788448122102 Rei, M. (1999). Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO - Guía Didáctica. Madrid: McGraw Hill Interamericana. ISBN 9788448123253 Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO (1998). Madrid: McGraw Hill Interamericana. ISBN 9788448113926 Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO - Guía Didáctica (1998). Madrid: McGraw Hill Interamericana. ISBN 9788448114916 Biología y Geología 1º Bachillerato (2017). Madrid: McGraw Hill Interamericana. ISBN 978-84-486-1124-8 e Biología y Geología 1.º Bachillerato - Andalucía. NOVA (2017). Madrid: McGraw Hill Interamericana. ISBN 978-84-486-2794-2 Rei, M.; Calvo, D.; Añón, L. (2022). Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais 1.º Bacharelato. Madrid: McGraw Hill Interamericana ISBN 978-84-486-3263-2 , e Rei, M.; Añón, L.; Sanjuán. (2023). Biología. 2.º Bachillerato. Madrid: McGraw Hill Interamericana ISBN 978-84-486-3980-8 Rei, M.; Añón, L.; Sanjuán. (2023). Biologia 2 Batxillerat – Mediterrania. Madrid: McGraw Hill Interamericana. ISBN 978-84-486-4077-4 Rei, M.; Añón, L.; Sanjuán. (2023). Biologia 2 Batxillerat Catalunya- Llibre de l'alumne. Madrid: McGraw Hill Interamericana. ISBN 978-84-486-4115-3
Premios Premio García Barros 2020 por Flores de ferro. Premio Arcebispo Xoán de San Clemente por Flores en Ferro en 2022. Vida persoal Está casada con Xosé Antón de la Fuente Subiela,'Camiño sen límites', unha iniciativa da Federación de ANPAS da Coruña e da Costa da MorteAs “Zoquiñas Vermellas” de Malpica non paran de captar adeptos quen foi voceiro e concelleiro do BNG na Laracha. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas «A miña xeración viviu rodeada dos silencios da Guerra Civil no rural», entrevista en La Voz de Galicia. María Rei: «Coa nova lei volverán as reválidas eliminadas hai máis de 40 anos»
Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Laracha Categoría:Nados en 1964 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Gañadores do Premio García Barros